Xoves. 18.04.2024
El tiempo

A gran reforma do CEIP Fogar cambiará permitirá un aforro do 53% no consumo enerxético

    Obras do CEIP Fogar 1
    Visita institucional ás Obras do CEIP Fogar
    A gran reforma do CEIP Fogar cambiará permitirá un aforro do 53% no consumo enerxético

    Importantes son as obras que se desenvolven durante estes meses a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional no CEIP Fogar de Carballo. 1,4 millóns de orzamento así o corroboran, supoñendo un completo cambio dun edificio que está a piques de celebrar o seu 50º aniversario.

    Onte houbo visita institucional, para avaliar o estado dunhas obras que van permitir que o centro consiga un aforro do 52,80% no consumo de enerxía primaria non renovable e do 62,60% en emisións de CO2. Para conseguilo colocarase un sistema illante de envolvente continua polo exterior da fachada mediante sistema SATE, mudaranse as fiestras para instalar unhas novas de carpintería de aluminio con rotura de ponte térmica e vidro dobre baixo emisivo, renovaranse as persianas e substituiranse as luminarias por equipos de alta eficiencia enerxética, con equipos de regulación lumínica e detectores de presenza.
    sí mesmo, substituirase o material actual de cubrición por panel sándwich nervados de chapa prelacada de aceiro e colocarase illamento térmico na cara superior do forxado do baixo cuberta.

    Obras do CEIP Fogar Así posan os políticos

    Paralelamente o Concello de Carballo tamén traballa na instalación de novo pavimento nun dos ximnasios do CEIP Fogar, e no acondicionamento dos novos despachos da área de dirección.

    Obras do CEIP Fogar  no ximnasio

    Novas relacionadas

    Comentarios