Venres. 29.03.2024
El tiempo

O gromo no Híper Gadis de Carballo saca aos traballadores á rúa

Protestas no Hiper Gadis Carballo
O gromo no Híper Gadis de Carballo saca aos traballadores á rúa

Onte a Xunta mantiña as restricións no Concello de Carballo. E a situación segue sendo complicada. Con 82 casos activos de covid19 (3 menos ca onte), o foco céntrase estes días no gromo xurdido no HiperGadis carballés, sito no Centro Comercial Bergantiños.

A realidade é que non hai información oficial, nin das autoridades nin da dirección da empresa, pero os sindicatos teñen constancia, de “maneira oficiosa”, de “varios casos positivos de coronavirus”.

A incerteza no seo dos traballadores é maxima. Por iso, segundo informa a CIG (que ten 2 representantes no Comité, por 2 de UGT e 1 de USO) van realizar este venres 11 de setembro, ás 12:00 horas, unha concentración “en demanda de medidas de protección efectivas para o persoal e a clientela fronte á covid19 e para esixirlle á empresa que traslade información clara e puntual ao conxunto das traballadoras e traballadores deste establecemento”.
Unha protesta, que se desenvolverá en grupos de 10 persoas en puntos separados da entrada debido ás restricións.

"O que demandamos é que se nos informe de xeito inmediato e completo por parte de Gadis dos casos posíbeis, probábeis e confirmados e das medidas que a empresa toma para garantir a nosa seguridade e a das persoas que veñen aquí facer a compra", sinala Eva Rodríguez, delegada pola CIG no comité de Gadis Hiper Carballo.

Denuncian que “descoñecen como son os protocolos de actuación, se fan desinfeccións da tenda cando hai positivos ou cantas/os compañeiras/os están en corentena en cada momento". Ademais, critican que o Híper conta con máis de 100 traballadoras e traballadores e ten aforo para 1201 persoas, o cal imposibilita o mantemento da distancia de seguridade. A pesar de que nestes días a localidade está sometida a restricións máis estritas, "seguimos sen ter un control de acceso, cando esta tenda ten unha enorme concorrencia”, sinalan.

E para colmo, denuncian que “o persoal ten que soportar unha gran carga de traballo porque Gadis non realiza suficientes contratacións e mantén o cadro de persoal ao mínimo indispensábel”, pois seguen traballando os domingos.

Novas relacionadas

Comentarios