Venres. 29.03.2024
El tiempo

Guía para disfrutar o Gran Fondo Ézaro, a proba ciclista máis importante de Galicia

Imaxe aerea da zona do Ezaro durante o Gran Fondo do ano pasado
Imaxe aérea da zona do Ezaro durante o Gran Fondo do ano pasado
Guía para disfrutar o Gran Fondo Ézaro, a proba ciclista máis importante de Galicia

Este domingo 7 de xullo, a Costa da Morte paralízase coa celebración do Gran Fondo Ézaro, a proba ciclista máis importante de Galicia e a única proba española do circuito UCI Gran Fondo World Series. 1300 ciclistas de todo o mundo disfrutarán dunha das probas máis fermosas do mundo e compartirán protagonismo cos Miguel Induráin, Claudio Chiapucci, Pavel Tonkov ou Óscar Pereiro, entre o eido de ciclistas míticos, ademais de cos actores Xosé A. Touriñán, Federico Pérez, Fran Hermida ou Javier Rey.

Serán 140 km polos termos municipais de Dumbría, Muxía, Cee, Muros e Carnota, con chegada ao alto do Mirador do Ézaro, nese porto explosivo de 1ª categoría, co gran punto principal que é o Muro, o treito de formigón cun 30% de desnivel.

Indurain e Chiapucci da man no Gran Fondo Ezaro 2015

O diaño italiano xa ten avisado a Indurain que volverá atacarlle, lembrando o duelo, máis fraternal que suicida, que protagonizaron en 2015.

Información práctica

Xa saben que os días 5, 6 e 7 de xullo (o día da proba) o acceso en vehículo á Fervenza do Ézaro estará pechado. Pero ademais, dende o Concello de Dumbría queren aportarnos toda esta información para que sabiamos onde colocarnos.

Puntos de interese no Gran Fondo EzaroAparcamentos para o Gran Fondo Ezaro
Gran Fondo Ezaro 2019-Cortes TRafico 1Gran Fondo Ezaro 2019-Cortes TRafico 2
Gran Fondo Ezaro 2019-Rutometro Ruta Larga 1


Gran Fondo Ezaro 2019-Rutometro Ruta Larga 2

Gran Fondo Ezaro 2019-Mapa Ruta Larga

Un repaso á maxia do GFE

Novas sobre o Gran Fondo

Comentarios