Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Historia da Enerxía Eólica na Costa da Morte: Pioneiros en todo

A empresa Sevipol instalada en Santa Comba
Historia da Enerxía Eólica na Costa da Morte: Pioneiros en todo
Xa contamos en QPC que a primeira vez que se colocou un molino de vento con fins comerciais provocou pouco menos que unha revolución no concello de Santa Comba, o municipio que pasará á historia como o pionero deste tipo de enerxía en España e case en Europa, onde só había pequenos experimentos nalgúns países nórdicos. De feito, o muíño instalado polos xalleiros era de orixe danesa, e o técnico que decidiu o lugar do seu colocación tamén.

O primeiro aeroxenerador de Galicia conectado á rede empezou a funcionar na primavera de 1983, no lugar da Illa-Santa Comba, instalado pola empresa Engasa (Enerxía de Galicia, S.A), que elixiu Santa Comba porque Engasa tiña un socio local, Electra Santa Comba. E para determinar o sitio no que se instalaría, aterrou en Galicia un técnico chegado directamente de Dinamarca para elixir unha zona na que soprase vento suficiente para que o negocio resultase rendible. Por incrible que pareza, o técnico nórdico percorreuse parte de Galicia en procura de zonas aptas para o negocio eólico. E fíxoo sen utilizar anemómetros, só se valeu de mecanismos rudimentarios e elixiu o sitio no municipio de Santa Comba “a ollo”. O acontecemento non contou con ningunha apunta de prensa ata que o recuperamos en QPC en 2016.

6 anos despois, o primeiro parque eólico que se montou en Galicia foi o de Cabo Vilán en Camariñas, que con 22 aeroxeneradores comezou a producir enerxía en 1989. Contaba co maior aeroxenerador de España e dos máis grandes de Europa, o soado AWEC 60.

Uns oito anos despois, o despegue en Galicia tamén se pode dicir que comeza por terras da Costa da Morte e Barbanza, cos parques eólicos do monte Paxareiras, na confluencia dos municipios de Mazaricos, Carnota e Muros no ano 1997, e o de Pico de Meda nos municipios de Santa Comba e Zas en 1998. Este último, ademais, conlevaría a instalación dunha fábrica de molinos, que a empresa Sevipol situaría na capital xalleira, e que xeraría preto dunha treintena de postos de traballo.

Tamén aquí instalouse o primeiro parque eólico singular de Galicia, o de Vimianzo.

E tamén aquí, na Costa da Morte, están os primeiros parques eólicos galegos que se repotencian en Galicia. Xa se actuou sobre o de Cabo Vilán en 2016 e xa hai outro proxecto en trámite en Malpica, a pesar das críticas que sinalan que estes procesos de repotenciación poden ser unha trampa para propietarios e unha desfeita para a zona.

O caso singular da Barbanza e Mazaricos

Imaxe do Parque Eólico das Paxareiras, en Mazaricos
Imaxe do Parque Eólico das Paxareiras, en Mazaricos

No 2015 había unha ducia de parques en funcionamento na comarca da Barbanza cunha potencia total instalada da orde de 278 megavatios, que daban para comercializar uns 950.000 kilovatios, e que cos prezos que se comercializaban naquel momento xeraban na zona un total de 105 millóns de euros anuais, polo baixo. A zona conta (atendendo ao total de potencia nominal instalada) con algún dos maiores parques eólicos de Galicia.

Concretamente Mazaricos, en 2005, contaba con máis dun centenar de aeroxeneradoes, situándose como o primeiro da provincia por número de xeradores que albergaba. O seu territorio tiña nese momento 7 parques eólicos (aínda que algún tamén afectaba a leiras deas Dumbría, Outes, Carnota e Muros). A finais dese mesmo ano, estábase sometendo a exposición pública o plan de construción dun novo parque eólico no municipio que afectaría a un total de 87 bens e abarcaría unha superficie próxima aos 13 quilómetros cadrados para a instalación de 7 aeroxeneradores.

En 2015 Mazaricos era o Concello que máis ingresaba polos parques eólicos, uns 240.000 euros ao ano. O pasado 2017 a colleita foi aínda mellor: o Concello recibiu en 2017 máis de 500.000€. entre BICES (Bens Inmobles de Características Especiais) + IAE (Imposto de Actividades Económicas) + Fondo de compensación ambiental.

Novas relacionadas

Novas eólicas

Fonte

Comentarios