Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Histórico debut, con vitoria, dos Sénior do do Voleibol Dumbría

Histórico debut, con vitoria, dos Sénior do do Voleibol Dumbría
O primeiro equipo Senior da historia do Volei Dumbria

Por fin. Chegou o día tan esperado. Despois dun completo verán de preparación, estreaba categoría o Voleibol Dumbría en Sénior. A primeira vez que o club dumbriés daba o salto das categorías base á absoluta. Empeza no equivalente á 2ªB do fútbol estatal. Pero xa o teñen claro: “En 4 anos, a SuperLiga chegará ao Conco!”.

E non o puido facer de mellor maneira, cunha contundente vitoria ante o CV Pontevedra, en terras pontevedresas, por 1-3 (13-25 / 17-25 / 25-19 / 18-25).
Dende o principio a superioridade do equipo dumbries foi patente no terreo de xogo xa na recepción e no ataque o que permitiu coller ventaxa e mantener durante os primeiros sets. No terceiro set o adestrador Luis Alberto Fernández deu tempo a todos os xogadores, o que permitiu que o conxunto pontevedrés collera vantaxe, aínda que neste set que foron capaces de remontar, nos intres finais cometeron erros que permitiu o equipo visitante sumar un set. No derradeiro set o equipo do Voleibol Dumbría mantivo a superioridade e gañou o partido.

Polo Voleibol Dumbría xogaron neste histórico primeiro partido, unha marea de clásicos que levan formándose estes últimos anos por todas as categorías: Manuel Marcote, David Redonda, Marco Lado, Sergio Oca, Pablo Touriñan, Javier Domínguez e Unai Larrañaga coma líbero. Tamén xogaron Alejandro Fernández, Juan Carballo e David Blanco. Cómpre destacar a gran actuación en ataque de Javier Domínguez e David Redonda.

Saudo inicial entre o Volei Dumbria Senior e o Pontevedra

A Base continúa

Mentres, segue o sino do club, cos partidos das ligas base en categorías autonómicas, esta semana, con derrotas:

  • Cadete femenino:
    - CV Pontevedra - Voleibol Dumbría 3-0;
    - Liceo- Voleibol Dumbría 3-0.
  • Infantil femenino:
    - Cv Pontevedra - Manuela Rial 3-1;
    - Liceo - Manuela Rial 3-0.

Vindeira xornada

Este sábado 25 de outubro, no Conco:

  • 11:00 l Xuvenil Masculino: Voleibol Dumbría-San Sadurniño.
  • 12:30 l Cadete Masculino: Voleibol Dumbría-San Sadurniño.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios