Martes. 23.04.2024
El tiempo

Un home de 79 anos detido no Ézaro por ir sen máscara e morder á Garda Civil

Lugar do Ezaro-Dumbria
Un home de 79 anos detido no Ézaro por ir sen máscara e morder á Garda Civil

Continúan acontecendo circunstancias arredor do cumplimento das normas do estado de alarma. Onte eran multadas as 8 persoas que tomaban algo na terraza dun bar de Malpica. E tamén onte, os axentes da Garda Civil de Corcubión detiñan, no Ézaro, a un home polos supostos delitos de Desobediencia e Atentado aos axentes da autoridade.

Eran as 12:20h cando os axentes, ao seu paso pola localidade dumbriesa, viron ao home, de 79 anos, transitando pola beirarrúa sen levar máscara. Ao ser preguntado por cal era o motivo de permanecer na vía pública sen ela, o home “fixo caso omiso á pregunta dos axentes e continúa coa súa marcha”. Nese momento os axentes actuantes estacionan o vehículo e requiren á persoa que se deteña, volvendo esta a facer caso omiso ás indicacións que se lle daban.

Os axentes apresuran o paso e colócanse diante del e aseguran que o home di: “Que queredes de min? Por que non ides dar unha volta e facedes algo?” Ao explicarlle a razón da súa requerimiento, solicitándolle o DNI e si tiña algún motivo que lle excluíse de levar máscara, non contesta e aparta aos axentes coa man para intentar pasar polo medio.

Os axentes proceden nese momento a retelo suxeitándolle o brazo, requiríndolle novamente o DNI, respondendo con ironía que non ten o DNI encima, que non se acorda como se chama nin onde vive e que lles deixemos tranquilo.

É aí cando, segundo a Garda Civil, ao ser outra vez parado pola man dun axente, o home “reacciona mordendo nos dedos a un dos axentes e no antebrazo ao outro”.

Por tales motivos procédese á súa detención por un delito de Atentado ao axente da autoridade e un delito de desobediencia e resistencia aos axentes, “proferindo durante o traxecto ata as dependencias policiais todo tipo de insultos e comentarios ofensivos cara aos mesmos”.

As dilixencias xunto co detido pasasen a disposición xudicial do Xulgado de instrución de Garda de Corcubión.

Novas relacionadas

Comentarios