Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Hoxe comeza a nova edición do Outono Pondaliano

Hoxe comeza a nova edición do Outono Pondaliano
Primeira sesion do Outono Pondaliano co Circo Caracol de Rudi Dudi -Foto- Concello Ponteceso

Comeza hoxe, martes 2 de outubro, o completo programa do Outono Pondaliano 2012. Un mes de actividades, repartidas entre martes e sábados, pensadas para os máis pequenos, pero nas que os maiores tamén terán o seu tempo.

A primeira sesión é hoxe martes, e apartir das 11:00h o circo Caracol de Rudi Dudi tomará o Centro Cultural de Ponteceso para o deleite das familias e bebés da Escola Infantil Galiña Azul e de EI do CEIP Eduardo Pondal de Ponteceso.

Pola tarde as actividades xa son para mozos e adultos. A partir das 17:00h, Tucho Calvo impartirá un “Obradoiro de xornalismo” para alumnado 2º ESO na Fundación Eduardo Pondal.
E de contado, ás 18:00h, terá lugar a inauguración do XV° Simposio Pondaliano e da exposición “O Simposio Pondaliano a través dos 25 anos de La Voz de Galicia (Carballo)”. O propio Tucho Calvo ofrecerá unha charla interesante: “A cultura galega e os medios de comunicación”. E de seguido Juan Félix Neira recordará “Dous textos inéditos de Emilia Pardo Bazán”.

Xa ás 19:45h toca sesión educativa, cun exemplo de recursos para o ensino: “Presentación do portal educativo educabarrie.org: Lingua e Literatura Galega”. E a primeira sesión rematar coa Miniproxección documental “A campana de Anllóns de Daniel Puente”.

O sábado 6 de outubro continúan as propostas culturais na Casa dos Veciños do Couto, cunha noite de teatro con Badius Teatro, e actuación musical de A Requinta da Laxeira.

E atentos, que o xoves comeza outro dos programas culturais máis esperados: o FIOT.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios