Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Hoxe sábado hai unha charla informativa sobre o parque eólico do Monte Neme

Reunion eolicos Monte Neme
Hoxe sábado hai unha charla informativa sobre o parque eólico do Monte Neme

A Plataforma pola defensa de Monte Neme, prepara dúas citas para estes días.

Este sábado 20 de xuño, ás 18h no Centro Social de Oza, terá lugar unha reunión informativa para veciños, afectados directamente ou indirectamente para a organización cara a inminente implantación do parque eólico no Monte Neme.

Aquelarre na Eira das Meigas

aquelarre20b

Ademais, o mércores 24 de Xuño, día de San Xoán, a entidade fará o seu típico aquelarre de meigas no Monte Neme. Con este aquelarre de meigas simbólico, levarase a cabo un acto festivo e reivindicativo deste emblemático espazo.

O lugar de xuntanza será o cumio do Monte Neme, na explanada da mina onde a antiga planta clasificadora, dende onde subiremos camiñando ata á Eira das Meigas onde as meigas farán un conxuro, Rosalía Fernández Rial botará o meigallo maior. Posteriormente ofrecerase algún tipo de beberaxe máxico (sesión vermú) e cantarase e bailarase a música tradicional.

Ás 12:15h sairá do lugar da fonte e capela de Santa Cristina (a explanada da planta clasificadora) a lexendaria peregrinaxe cara á Eira das Meigas e o acto comezará ás 12:30h.
O acto é libre (de balde e sen apuntamento) pero prégase ás meigas participantes que vaian ataviadas con escuras galas, pantalón, camisola e sombreiro cor negra e que non falten vasoiras, xestas e fiúnchos para o ceo. Tamén se recomenda conforme á normativa e recomendacións públicas o uso de mascarilla.

Comentarios