Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O HVdX inicia unha campaña de frotis a domicilio para acotar posibles zonas de contaxio

O HVdX inicia unha campaña de frotis a domicilio para acotar posibles zonas de contaxio
Segundo vimos de coñecer, Técnicos do Hospital Virxe da Xunqueira, en colaboración co Servicio de Hospitalización a Domicilio (HADO), están a realizar frotis a domicilio en toda a comarca. Un enfermeiro e unha TCAE están a traballar co equipo de recollida de mostras domiciliarias do hospital, un sistema que se compaxina coa creación dun segundo laboratorio de microbioloxía no CHUAC que funciona as 24 horas do día e que aporta resultados das probas en apenas 24 horas.

A razón deste traballo, segundo varias fontes, é a de tentar delimitar posibles focos de virus, mellorando así os traballos de contención reforzada que se están a realizar, o equipo está facendo a proba a xente que chamou o 900400116 e que cumple criterios.

Esta técnica, aplicada xa en Corea do Sur con moi bos resultados, axuda a previr focos de contaxio da epidemia. As fontes veciñais consultadas queren resaltar que se trata dun traballo dirixido a posibles focos ou puntos "quentes" para descartar novos casos. En ningún caso, trataríase de persoas contaxiadas. Por esta e outras razóns pídese á poboación que preste apoio aos técnicos nestas visitas. O frotis dará maior seguridade á veciñanza e ao resto de residentes na bisbarra.

Piden que se lle bote unha man aos especialistas que están a realizar esta labor para poder así dar maiores garantías sanitarias a todos e todas nesta crise de saude pública.

As fontes tamén insisten en deixar claro que ata que non se lle comunique o contrario a esas persoas en ningún caso se trata de casos positivos, senón de simples consultas e que, si se lle fai o frotis, e coa única intención de descartalos e só para descartalos, dando así maior tranquilidade a todos e evitando sobresaltos e distanciamento cos afectados reais da enfermidade.

Demándase así de todos, colaboración, recibindo os técnicos para que podan realizar esta importante labor, que aceleraría e facilitaría a saida da actual crise.

Así, axudar aos servicios sanitarios pode facilitar aínda máis a saída da crise, a base de solidariedade e colaboracón, nun tempo tan complexo e difícil coma o actual.

Ademais, a Xerencia da Área Sanitaria da Coruña asegura que ten “elaborado un plan de continxencia para a ocupación progresiva de camas de hospitalización de planta en función da evolución das necesidades, habilitando ata a data tres unidades de hospitalización específicas para COVID e outra para PRECOVID”. No que se refire á actividade de Consultas, “tanto de atención primaria como de atención especializada, cada paciente recibirá un SMS indicándolle como ten que proceder, priorizando sempre que sexa posible, a consulta telefónica”. Así mesmo, lembran que non haia visitas si non é absolutamente imprescindible e só unha por paciente.

 

Todas as novas do Coronavirus

Comentarios