Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Os IES abren o prazo de inscrición para as FP

Imaxe dunha promoción de FP de Mecánica do IES Fernando Blanco
Imaxe dunha promoción de FP de Mecánica do IES Fernando Blanco
Os IES abren o prazo de inscrición para as FP

Desde este luns 24 de xuño e ata o día 2 de xullo, inclusive, as persoas interesadas en cursar algún ciclo formativo de Formación Profesional poden presentar as súas solicitudes nos centros da comarca.

Por exemplo, o IES Secundaria Terra de Soneira de Vimianzo informa do prazo de matricula para os Ciclos Formativos, Medio e Superior, da familia de Administración e Finanzas. Son 2000 horas de formación, equivalentes a dous cursos académicos, que inclúen un período de prácticas laborais en empresas. O IES Terra de Soneira ten asinados convenios de colaboración cun amplo abano de empresas da comarca, o que lle permite garantir ao seu alumnado as prácticas asociadas aos ciclos, así como unha moi alta inserción laboral.

Mentres, a oferta de ciclos formativos do IES Fernando Blanco é a seguinte:

  • Ciclo de grao superior de Administración e finanzas.
  • Ciclo de grao medio de Instalacións eléctricas e automáticas.
  • Ciclo de grao medio de Electromecánica de vehículos automóbiles.
  • Ciclo de grao medio de Xestión administrativa..
  • Ciclo de grao medio de Mantemento electromecánico.

Novas relacionadas

Comentarios