Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O IES Pedra da Aguia volve sumerxirse nas Rutas Literarias e Científicas do sur da península

imaxe Rutas Literarias, científicas, artísitcas do IESP Pedra da Aguia
Alumnado que disfrutará das Rutas Literarias, científicas, artísticas
O IES Pedra da Aguia volve sumerxirse nas Rutas Literarias e Científicas do sur da península

Xa o Disfrutaron o ano pasado, e este curso non queren desaproveitar a ocasión. A experiencia do programa “Rutas científicas, artísticas e literarias do MEC” é tan positiva que hai que repetir. Así a partir deste domingo 27 de outubro e ata o sábado 2 de novembro, un grupo de 24 alumnos e alumnas de 2º de ESO do IESP Pedra da Aguia van participar nunha ruta cultural polas provincias de Murcia, Granada, Almería e Málaga. Irán acompañados por dúas profesoras do centro: Mariví Mouzo (directora) e Silvia Lijó (L. Castelá).

Son 16 os centros seleccionados polo Ministerio de Educación para este programa, que serve, en clave vivencial, para ampliar os coñecementos e experiencias en formación artística, literaria, científica, cultural, histórica, ambiental e social, e tamén ao seu desenvolvemento integral.

levarán consigo unha marea de detalles da Mostra do Encaixe para regalar, que ademais subvencionou o 15% do custo dos desprazamentos.

Novas relacionadas

Comentarios