O expediente BIC está avalado por un informe previo da Real Academia Galega de Belas Artes e outro do Consello da Cultura Galega, que destaca “a relación que o inmoble mantén co mar e a paisaxe mariñeira, formando con eles un conxunto harmónico, e a súa tripla función: defensiva, civil e relixiosa, que cumpriu ao longo da súa historia”.
Resaltan ademais o retablo pétreo da Resurrección que, pola súa calidade, temática e singularidade é un exemplo sobranceiro do arte sacro en Galicia. Quedan tamén catalogados este e outros 44 elementos existentes na igrexa, entre os que destaca a Virxe da Atalaia, unha escultura datada entre o século XV e XVI.