Sábado. 20.04.2024
El tiempo
Domingo Guerra
13:17
11/07/18

II Congreso Red Localis

II Congreso Red Localis
Congreso Red Localis en Ourense copia

Máis dun centenar de académicos e profesionais do mundo local reuníronse en Ourense, fai escasamente un mes (días 21 e 22 de xuño), no II Congreso Red Localis, coa finalidade de analizar o «Presente e futuro dos servizos municipais: a dimensión óptima».

Os traballos presentáronse en diversos paneis e sesións paralelas onde se abordaron cuestións polémicas como a fusión de municipios e o papel das áreas metropolitanas; as dificultades que presenta a implantación no mundo local da nova Lei de contratos; a importancia do control financeiro e auditoría nos concellos e, entre outros contidos, tamén se trataron as craves para a reforma do financiamento local.

A importancia deste tipo de foros é incuestionable, porque se intercambian ideas e opinións entre prestixiosos profesionais que desenvolven a súa labor en distintas áreas de coñecemento, potenciando os procesos de aprendizaxe e transferindo coñecemento (neste caso desde as universidades e a administración local), coa finalidade de fomentar o debate público, baixo diferentes prismas ideolóxicos, sobre temas de interese municipal.

Nese sentido, existe consenso maioritario en que o municipalismo galego precisa cambios. Cambios no deseño e estrutura, en transparencia e innovación tecnolóxica, en responsabilidade tributaria e na eficiencia na asignación de recursos, así como un longo etcétera de cuestións que esixen reflexións rigorosas e serias, para diagnosticar con acerto a problemática da nosa realidade municipal.

Porque, como di un bo amigo, os diagnósticos non son ni de dereitas nin de esquerdas, senón bos ou malos.

 
  • Domingo Guerra ([email protected]). Economista. Especialista en economía pública e política económica pola USC.
 

Outros artigos sobre Economía Municipal de Domingo Guerra

Fonte

Comentarios