Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A III Feira Náutica de Camariñas colga xa o cartel de completo

Cartel Feira Nautica de Camarinas 2019
A III Feira Náutica de Camariñas colga xa o cartel de completo

Dende fai varias semanas, a zona de stands comerciais e institucionais xa está cuberta por completo para a III Feira Náutica de Camariñas (FENAUCAM 2019), e onde ademais das empresa e entidades relacionadas co mundo náutico onde contarán con varias empresas chegadas de Francia, e terán un apartado especial para diversas artesanías e onde tamén estará representado o Encaixe de Camariñas.

Na zona de exposicións tamén está todo pechado para do 14 ao 16 de xuño poder admirar e comprobar xoias en forma de impresionantes maquetas navais procedente da Fundación Exponav. Tamén haberá maquetas de membros da asociación AMONAGA, ademais como material procedentes de naufraxios históricos na Costa da Morte a través da Real Liga Naval Española. Non faltará a representación de varios museos do Mar (Noia, Laxe) xunto con exposición de pintura “Faros de Galicia” do artista Carlos Ramos Fernández.
En clave histórica, ademais da Biblioteca Náutica con fondos particulares, haberá parte da exposición do arquivo fotográfico Vidal de Laxe e unha mostra dos recoñecidos mapas de naufraxios de Pepe de Olegario.

Tamén será de gran interese poder ollar no stand conxunto de Mar de Fábula e a Cofradía de Pescadores de Camariñas, as maquetas e obras feitas co material recollido nas nosas costas e praias. Dentro dos stands institucionais, destaca tamén a Armada Española que contará cun simulador de navegación para disfrute dos pequenos/as e non tan pequenos.

Dentro da zona de Exposicións, estarán membros do equipo do Xadrez Náutico Camariñas que celebraran partidas abertas cos visitantes e onde estos poden gañar distintos regalos e sumando así tamén a colaboración dos xogadores/as da sección deportiva co evento náutico.

Cita escolar

Tamén é de mención o día importante que vivirá a Feira Náutica coa presencia o primeiro día de 300 alumnos/as de colexios e Institutos de Camariñas e Malpica e que terán pola mañá unha programación especial con charlas, visitas guiadas, proxeccións, obradoiros, etc. E incluso si dera tempo visita pola Ría a bordo do veleiro da Escola Náutica da Coruña.

Programa completo

En canto a programación, os visitantes que terán Entrada de balde, poderán visitar a lancha de Salvamento e a da Garda Civil así como o veleiro da Escola Náutica da Coruña.

O venres terá lugar un importante simulacro coa lancha de Salvamento e o helicóptero da Garda Civil. Haberá charlas, conferencias e mesa redonda ao longo dos tres días de Feira, así como proxeccións na zona de Conferencias sin olvidarnos de degustacións diarias de Mexillóns de Galicia.

Presentacións literarias, homenaxes, entrega de premios, visitas de persoeiros famosos, e actuacións musicais locais e unha actuación musical especial que animará a noite do sábado nas terrazas do Club Náutico.

O domingo tamén haberá ocasión para recordar a Xosé Mosquera Pérez, como gran creador do Halador de Palangre e onde estarán traballadores que estiveron con él así como familiares, servindo de homenaxe a un gran inventor e pouco recoñecido camariñán.

E para esta 3ª edición e coa colaboración de Buceo Malpica, disporán dunha Piscina portátil na zona exterior, para que os máis pequenos/as poidan facer os seus “bautismos de mar”.

Novas relacionadas

Comentarios