Martes. 23.04.2024
El tiempo

ELECCIÓNS

Ilva Carril: "O partido que queda despois de Pichurri segue sendo o mesmo lobo con pel de cordeiro"

Ilva Carril candidata do BNG de Camarinas
Ilva Carril, candidata do BNG de Camariñas
Ilva Carril: "O partido que queda despois de Pichurri segue sendo o mesmo lobo con pel de cordeiro"

36 anos de goberno socialista se xogan estas Eleccións en Camariñas. Unhas eleccións tralas que a dimisión de Pichurri, despois de saír condenado a 4 anos de inahibilitación provocaron o paso adiante de Sandra Insua antes que de que completase a súa terceira lexislatura.

BNG e PP amósanse como alternativa, e falamos coa voceira do BNG, Ilva Carril, para coñecer as súas propostas.

  • QPC: Con que aspiracións chega o BNG a estas municipais?

Non temos teito, aspiramos a acadar gobernar, pois estamos convencidas e convencidos da capacidade de todo o equipo para así facelo, contamos co respaldo e a garantía do bo facer do BNG ao longo destes anos en todos os concellos onde goberna, Carballo, Muras, San Sadurniño, Ribadeo, Pontevedra, Allariz,....

Agardamos que si, queremos que a xente do concello de Camariñas nos dea un impulso para marcar outro rumbo, o concello esta plano, esgotado, sen recursos nen ideas novas. O cambio é necesario.

  • QPC: Cres que a condena e a posterior dimisión do ex alcalde Pichurri afectaralle ao PSOE nos comicios?

Debería, se fas mal as cousas, débeche afectar, e o partido que queda despois de Pichurri segue sendo o mesmo lobo con pel de cordeiro, levando ás leis ao límite para favorecerse a eles e aos seus achegados.

  • QPC: Cres que os cidadáns consideran o suficientemente graves esta clase de imputacións?

A xente é suficientemente lista e intelixente para saber o que esta ben e o que esta mal, só teñen que creer nas sentencias xudiciais que dan ou quitan a razón.

  • QPC: Cres que as eleccións do 28 de abril, nas que o BNG recuperou a liña ascendente tras moitos anos de retroceso, influirán nas do 28 de maio, ou cres que Xerais e Municipais non se poden relacionar porque son de naturezas diferentes?

Sen dúbida, o BNG é unha organización forte, contando cun forte tecido en toda Galiza, ten unha estrutura sólida, con moitísimos anos de experiencia. Estamos facendo moi ben as cousas, manténdonos firmes na nosa liña politica, e iso acabará callando na xente. O BNG é o garante de facer politicas de esquerda en serio.

  • QPC: Cales son as principais liñas do voso programa?

A defensa do nosos sectores productivos, apoiando aos nosos mariñeiros e mariñeiras e as maricadoras e mariscadores, apoiando as súas demandas, mellorando todos os servizos que estén na man do concello, axudándolles na formación e no asesoramento do que precisen, etc.
Tamén levamos unha serie de medidas de cara a parar a sangría de perda de poboación, non temos case xente nova, toda a nosa xente sobradamente preparada e cualificada está fora, xa non so fora do concello, senón espallada por todo o mundo.
Creemos firmemente e que podemos mudar todo isto levando a cabo medidas para facilitar o emprendemento, apoiando a toda a xente que queira emprender aquí, e para iso necesitamos fortalecer e crear as infraestruturas tecnolóxicas que non temos, fibra optica de altas prestacións, reduccións nos custes enerxéticos, criazón de viveiros de empresas, etc.

Tamén precisamos dotar de servizos sanitarios básicos ao concello, presionando ao Sergas para que dote de cadros médicos suficientes, sobre todo en pediatría, no só no concello, senón tamén no PAC de Vimianzo e no hospital de Cee, onde non se cubren os servizos de urxencia.

Tamén temos que exisir que a Consellería de Educación mellore urxentemente o estado lamentable dos centros educativos do noso concello.
E como non, tamén temos medidas para realizar como concello, como todas as referidas aos servizos sociais, mellorando a asistencia aos nosos maiores, con teleasistenza, con asistenza presencial, tamén medidas para apoiar a conciliación facilitando o acceso ao mundo laboral das mulleres.

Por último, e non menos importante, propoñemos reactivar a cultura no noso concello, ampliando as escolas municipias, levándoas as actividades a tódalas vilas do concello, tamén propoñemos mellorar a rede de espazos lúdicos e deportivos, dotandoos de alumado e cuberta, espazos hoxe en día en estado de ruína e abandono por parte do concello.
Calquera pode acceder ao noso programa nas redes sociais ou preguntando a calquera membro da candidatura e ver as nosas propostas para iniciar o cambio.

  • QPC: Cales son os proxectos máis necesarios para Camariñas?

Sen dubida potenciar, dinamizar e, sobre todo, manter en bo estado das infraestruturas, dotacións e equipamentos que temos, non e cuestión de facer máis, senón de facer bo uso do existente, e cando sexa insuficiente, ampliar e mellorar todo isto.

  • QPC: A túa lista está formada por: Eugenio Castro, Xurxo Rodríguez, Ana Pasantes, Manuel Ángel Brión, Lucía Baña, Noela Rial, Lorena Lema, José Manuel Blanco Soneira, José Juan Bermúdez, Rosa María Bermúdez, Carole Trillo e Francisco Sánchez.
    Cales son os puntos fortes do teu equipo?

Unha lista aberta elaborada por todos, non coma os outros que llas elabora a dirección dos seus propios partidos. A lista do BNG é a máis preparada de todas ten un equipo moi diverso, con xente moi ben formada, traballadora e extraordinaria como así o recoñecen os seus veciños e veciñas, xente versátil e preparada que sempre aportan novas ideas e achegas a calquer proposta, xente comprometida. Confío plenamente en todo o apoio que me dan, xente que fuxe de localismos e que loitarán por defender a todo o concello por igual.

  • QPC: E para rematar, que lle dirías a un veciño de Camariñas para que se decantase pola túa candidatura? Cal é o teu maior valor para Camariñas?

Que Camariñas necesita revivir, sair do estado de parálise en que está inmerso, necesita novas ideas para levar ao noso concello ao progreso, e ir recuperando a ilusión por vivir no noso concello. O noso maior valor e creer no cambio, creer no potencial de todas e todos os meus veciños, creer que temos moito potencial para vivirmos dignamente, creemos no noso programa para levar a cabo ese cambio, temos un equipo de xente con moita ilusión para que sexa posible, e para iso necesitamos que o día 26, voten o BNG.

Novas relacionadas

Comentarios