Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O impacto económico dos parques eólicos nos Concellos de Muxía, Laxe e Vimianzo

O impacto económico dos parques eólicos nos Concellos de Muxía, Laxe e Vimianzo
Parque eólico de Vimianzo Parque eólico de Vimianzo Facíamos hai un par de semanas un completa análise da repercusión dos parques eólicos nos Concellos da Costa da Morte. Esta semana, da man de José María Suárez, técnico municipal do Concello de Santa Comba, analizamos un par de casos concretos. Unha análise de pura economía municipal, con cifras que non valoran a incidencia cultural, paisaxística e medioambiental de cada proxecto concreto. Imos por VImianzo, Laxe ou por Muxía, onde xa se instalou o primeiro parque dos 13 anunciados nos últimos anos na comarca, tras un longo parón, coa excepción do municipal de Cerceda e a repotenciación de Vilán.

Caso Vimianzo = 1,5 millóns

Con varios proxectos en proceso de aprobación, e que serán unha realidade en 2019, o Concello de Vimianzo pensa recibir case 1.5 millóns de euros, gracias ao 3% do ICIO (Imposto sobre construcións instalacións e obras), ao que hai que sumar un taxa de tramitación de 0,5% adicional. Deste xeito, dos máis de 42 millóns do proxecto corresponderalle percibir 1.481.788 euros. Pero entre taxas e posibles convenios, espera obter máis desa cantidade. Para facer unha comparación, esta cifra é maior que o que lle reportou o Plan POS 2017 da Deputación ese mesmo ano (1.157.093,74€), sendo este programa unha das fontes máis importantes de financiamento dos concellos da provincia. Facendo unha comparación coas obras municipais, as cofras son aínda máis importantes. Con 1,5 millóns de euros o Concello de Vimianzo podería realizar case 40 parques infantís como o de Berdoias e áreas recreativas como a Ogas (POS 2017 37.606,80€). Podería optar por realizar 16 redes de saneamiento como as de Vilaseco (Plan Complementario da Diputación 95.200€), ou por 11 aperturas de senllas como as de Ogas (Plan Complementario da Diputación 116.299,05€), tamén se podería decantar por realizar case 15 construcións de beirarrúas e saneamientos como o de Pasarela (Pos 2017 105.951,05€), ou por realizar 27 redes de saneamiento como as da Piroga (Pos 2017 53.950, €), ou ata case 12 senllas peatonales como as de rego de cambeda (Pos 2016 133.840 €). Podería optar tamén por destinar catro veces máis a afrontar os gastos correntes anuais do concello (Pos 2017 353,234,55€).

Caso Muxía = 4 millóns

O pasado xaneiro anunciábase que o Concello de Muxía ingresaría case 4 millóns de euros grazas á construción do parque eólico que promueve a compañía EDP Renovables. Unha cifra estratosférica, superior ao orzamento anual de moitos concellos da zona. Finalmente logo de diferentes cambios, pois algunhas actuacións afectaban á Ruta Xacobea, serán 68 megavatios en 34 molinos, de case 80 metros de alto e 80 de rotor, distribuídos polos montes das parroquias de Morquintián, Touriñán e Nemiña. O Alcalde manifestou á prensa que “co diñeiro do parque eólico evitará subir impostos, comprará un camión do lixo, un tractor, e diferente maquinaria municipal, fará melloras no Camiño de Santiago, poñeralle céspede artificial ao campo de fútbol, construirá parques infantís, recuperará a contorna da Barca, acondicionará toda a contorna de Touriñan, o de Moraime, acometerá obras importantes que afectan a moitas áreas e sinala que dará cumprimento a todas e cada unha das obras do programa electoral”. Pero pasa saber con exactitude o que esas cifras supoñen para un concello como Muxía, imos realizar unha comparación similar á Vimianzo extrapolando datos do día a día da vida municipal. E en primeiro lugar ímolo a facer, do mesmo xeito que con Vimianzo, co o plan Pos 2017 (Plan Provincial de cooperación de obras e servizos municipais da Diputación da Coruña) que o organismo provincial concede aos concellos e que é a base do investimento infraestructural en todos municipios da provincia. O Plan Pos 2017 reportoulle ao Concello de Muxía un total de 851.875,23 €, e no mesmo inclúese tanto a achega provincial para as obras do ano 2016 (230.236,55€), para as do 2017 (374.134,39€), e o denomiando préstamo provincial 2017 (247.504,29€). Con esta cifras pois do mesmo xeito que no caso de Vimianzo é fácil deducir: Os ingresos de case 4 millóns de euros que di o Alcalde que ten previsto ingresar o Concello de Muxia só pola construción do parque eólico é o equivalente (máis ou menos en números redondos), a 17 plans do obras provinciales como o do 2016 (230.236,65€) ou a case 11 como o do 2017 (374.134.39€). Dito doutra forma, si a Diputación deixase de aportar cantidade algunha, o Concello de Muxía tería garantidos orzamento suficiente para afrontar un plan similar durante polo menos 13 anos (máis de tres legislaturas). Si comparámolo con obras, con 4 millóns de euros o Concello de Muxía podería realizar case 16 travesías como as que acondicionou entre Merexo e Os Muiños (Plan Complementario da Diputación 256.610,87 €), ou máis de 107 melloras de núcleos como do de Bardullas (Pos 2016 37.182,44€) ou case 21 acondicionamientos de camiños interiores como os de Chorente (Pos 2016 193.054,11€).

Laxe = 300.000€

O proxecto, que está a exposición pública conta cun orzamento de 9.713.692 euros e prevé a instalación de dous aerogeneradores de 80 metros de altura, cun diámetro de rotor de 114. Cada un deles terá unha potencia unitaria de 2,5 megavatios, mentres que a produción conxunta estará limita a 7,35. Co ICIO ao 3,5 % Laxe ingresaría 292.483 euros, sen contar os posibles convenios e taxas de tramitación. As cifras tanto de investimento, número de molinos e megavatios, distan moito das de Vimianzo e Muxía, pero as cantidades a ingresar para Laxe non deixan de ser importantes para o municipio. Para comparar, o Plan POS 2017 da Deputación repórtalle a Laxe uns 416.175,16 € e no mesmo inclúese tanto a achega provincial para as obras do ano 2016 (112,479,77€), para as do 2017 (182,779,63€), e o denominado préstamo provincial 2017 (120.915,76€). Deste xeito, os ingresos de 292.483 euros só do ICIO, son máis do dobre que todo o plan de obras provincial do 2016 (112,479,77 €), e aínda lle sobrarían 67.523,46€. É máis do dobre do que o Concello de Laxe destinou a cubrir a débeda contraía co Banco de Sabadell (120.915,76€), e é case o mesmo que o concello destinou ao pago de proveedores en 2016 e 2017 dentro do permitido no Plan Pos 2017. Si comparámolo con obras, só coas taxas do ICIO, Laxe podería construír dous gimnasios máis como o que ten previsto realizar próximamente con diñeiro do POS e aínda lle sobrarían 45.690,10 euros. Podería optar por realizar 8,5 pavimentaciones no municipio como as das rúas Besugueira, Val-Inclán e Juan Soto (Pos 2015 34.706,24 €). Podería optar tamén por realizar 6 mantementos da ETAP Badalama e piscina municipal como as realizadas no 2015 dentro do POS (46.481,40€).

Artigos eólicos

https://quepasanacosta.gal/como-repercute-a-invasion-dos-eolicos-nos-concellos-da-costa-da-morte/

Novas eólicas

Máis novas

Fonte

Fonte

Comentarios