Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Impresionante entroido en Malpica da man das asociacións

Impresionante entroido en Malpica da man das asociacións

O Concello de Malpica ofrece un amplo abano de propostas de lecer para este Antroido, que se desenvolverán desde o día 3 ata o 26 de marzo. O deseño da programación desta edición 2011 estivo marcada por unha alta participación das asociacións malpicáns na implementación das actividades a desenvolver.

Propostas para todas as idades

Haberá propostas de lecer para todos os gustos e idades: festas de disfraces, festas gastronómicas, degustacións de produtos do Antroido, concursos de comparsas e disfraces, a Mikaela, o Faustino, etc.

Programa

Xoves de Antroido

O xoves, 3 de marzo, haberá sesión na Ludoteca Infantil de Malpica de 17.00 h. a 19.00 h.

Venres de Antroido

A cita do venres, 4 de marzo será por partida doble:
En Malpica celebrarase un Antroido na Ludoteca e Pasarrúas de 11.00 h. a 13.15 h. Haberá tamén o Concurso de Disfraces de Antroido, a partir das 23.00 horas polos locais de hostalería da vila, lacóns e chourizos para os mellores disfraces. Nun evento organizado polos pubs Brebaxe, Leño, Metro, Patio, Prisma e Submarino.
Ademais, en Cerqueda terá lugar Festa de Disfraces de Nenos/as, Nais e Pais dende ás 17.30 ata as 20.00 h. no Centro Sociocultural das Pozacas. Rematarase cunha chocolatada. Organiza: Asociación Cultural Raigañas. E por se fora pouco o día rematará con Guateque Xuvenil das 20.30 h. ás 22.30 h. no Centro Sociocultural das Pozacas, organizado pola Asociación Cultural Raigañas.

Sábado de Antroido

O sábado, 5 de marzo de 2011 ha varias citas:

  • En Mens terá lugar a Festa de Disfraces de Nais, Pais e Nenos/as e degustación de postres típicos do Antroido, ás 16.30 h. no Centro Sociocultural de Mens. Colabora: A.V.S. Río dos Píos.
  • En Seaia desenvolverase a Festa de Disfraces Infantil, das 17.00 ás 19.30 horas. Organiza: A.C. Carcaxía.
  • En Cambre hai Cocido e Baile ás 21.30 h. no restaurante Aldeola. Cocido e postres de antroido - 25,00 € amenizado pola orquestra Passarela e o Grupo de Baile da 3º Idade. Organiza: A.C.D. San Martiño de Cambre.
  • En Malpica toca Concurso de Disfraces de Antroido, a partir das 23.00 horas polos locais de hostalería da vila, premios en metálico para os mellores disfraces 1º Premio 300,00 € 2º Premio 200,00 € e 3º Premio 100,00 €. *Organizan Pubs: Brebaxe, Leño, Metro, Patio, Prisma e Submarino.

Domingo de Antroido

Para o domingo, 6 de marzo hai Actuación da Charanga Ruada polas rúas da vila, a partir das 17.00 horas.
Nos Locais de Hostalería da Vila, daranse Orellas do pincho a partir das 17.00 h. Organizan Pubs: Brebaxe, Leño, Metro, Patio, Prisma e Submarino.

Tamén haberá Concurso de Comparsas do Antroido polas principais rúas da vila de Malpica a partir das 17.30 horas. Cestas de Antroido para as mellores comparsas. Entrega de premios a partir das 19.30 horas na Praza Villar Amigo.
E como non, Desfile de Disfraces Infantil, Percorrera a vila saíndo do Centro Cívico ás 18.00 h. e rematando na Praza Villar Amigo, organizado pola Asociación Cultural Malante.

Non faltará o Concurso de Piñatas do Antroido na Praza Villar Amigo a partir das 19.00 horas. Entrega de Premios ás 19.30 horas. Colaboran: A. C. Malante e ANPA Ventorrillo.

Nin o Baile Social de Disfraces de Maiores a partir das 20.30 h. no Auditorio do Centro Cívico amenizado con música en directo a cargo do “Dúo Café”. Baiole que organiza Asociación de Apoio á 3º Idade “Os Paxariños”.

Martes de Antroido

O Martes, 8 de marzo haberá festa infantil en Cambre e Buño. E en Malpica terá lugar o Concurso Gastronómico de Doces do Antroido a partir das 17.00 h. Fallo do xurado e degustación ás 20.00 horas. Colaboran: Asoc. de Redeiras Mar da Illa, ANPA Ventorrillo. A Inscrición: No Departamento de Educación e Cultura ou en calquera das entidades colaboradoras.

Sábado de Piñata

Será o sábado, 12 de marzo cando en Buño teña lugar a Actuación da Charanga O Vendaval polas rúas de Buño, a partir das 11.30 horas.

Ademais a Mikaela sairá ás 16.30 horas de Cantalarana percorrendo tódolos bares e tabernas de Buño. Coma sempre organiza Asociación de Amigos da Mikaela.

Domingo de Piñata

Para o domingo, 13 de marzo, Cerqueda será percorrida polos Madamitos e Ghuardineros recorrerán a parroquia de Cerqueda a partir das 11.30 h.

Tamén terá lugar o espectáculo POLAFÍA (grabación/espectáculo): Regueifa, coplas, contos, romances de cego, comparsas vellas, música, danza tradicional e clausura dos Madamitos e Ghuardineros. A partir das 17.00 h. no Restaurante Aldeola. Organiza Asociación Cultural Raigañas.

Mentres, en Seaia procederase co Enterro do Farruco, sairá en procesión ás 16.30 horas do restaurante O Esqueiro percorrendo as rúas de Seaia, organizado A.C.D. San Xulián. E por Malpica o Enterro será o do Faustino, que sairá do Centro Cívico ás 17.00 horas para percorrer as rúas da vila.

E por Vilanova, da man da A. C.V. S. O Brizo. haberá festa de disfraces para nenos e maiores. E en Mens toca Cine de Antroido ás 16.30 h. no Centro Sociocultural de Mens. Colabora: A.V.S. Río dos Píos.

Gran cocido de Raigañas

O sábado, 26 de marzo, Cerqueda acollerá ás 22.00 h. Gran Cocido de Raigañas no Restaurante Aldeola. Ás 22.30 actuación do grupo “Os Revenidos” de Arteixo. A partir das 00.30, actuación da orquestra TREBOL.

  • Inscricións: 660 481 025 / 696 276 412

Máis información

Fonte

Fonte

  • Concello de Malpica.

Comentarios