Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Indignación en Sardiñeiro ante o derrubo da última caseta de pescadores

Demolicion da caseta de pescadores do Rumbo en Sardineiro
Demolición da caseta de pescadores do Rumbo en Sardiñeiro
Indignación en Sardiñeiro ante o derrubo da última caseta de pescadores

Que pensarían en Quilmas ou Caldebarcos se un día chegan cunha pá, sen previo aviso, e se poñen a tirar as casetas de pescadores? Pode que a caseta de pescadores do Rumbo non sexa tan emblemática como as das vilas carnotás, pero en Sardiñeiro era parte da paisaxe, do patrimonio mariñeiro do lugar. Unha caseta centenaria, de pedra, que se ben a día de hoxe só se utilizaba para gardar aparellos de praia, era o último vestixio en pé da historia salgada da vila.
Moitos lembran como foron caendo a conserveira de Cerceiras (agora Merendero), o único pazo da comarca (agora un taller despois de ser un super), a Casa de Lola de Andrés (unha das casas mais antigás, antes un taller de costura agora convertido en pisos turísticos), ou a Antiga escolar (agora un edificio en ladrillo abandonado dende fai anos en pleno paseo marítimo).

Asi era a caseta de pedra de pescadores do Rumbo en Sardineiro
Así era a caseta de pedra de pescadores do Rumbo derrubada onte

Foi o Departamento de Costas a que ordeou e realizou a demolición, alegando motivos de “feísmo”. Non pasa o mesmo co deterioradísimo parque infantil ou os esfolados baños públicos do paseo.

Estado dos servizos de Sardineiro
Estado ruinoso dos servizos do paseo de Sardiñeiro

Precisamente o Concello intentou que os “donos” (ao estar en dominio público a propiedade é unicamente simbólica) llo cederan para intentar salvar a caseta, por exemplo, como está acontecendo coa da Langosteira. Costas, que falou co alcalde antes de proceder á demolición, tamén quixo derribala pero atopouse co Camiño de Santiago e agora o Concello van intentar aproveitala para facer os baños públicos, ou para os socorristas.

Na vila pregúntanse “que opina Patrimonio desta desfeita? Métense co material que hai que utilizar para restaurar as vivendas, e despois permiten que fagan un paseo de cemento, ou a construción dun caseto de formigón, e deixan que tiren unha casa centenaria…”

Parece que as que se van salvar da “queima” son as casetas de San Roque. Ao estaren en zona de servidume, a propiedade si que é efectiva e Costas non pode derruilas.

Comentarios