Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Inés Monteagudo: "Precisamos un goberno forte e con apoio que saque a Muros da situación de declive na que se atopa"

Muros é o único concello da comarca, e un dos cinco de Galicia, que conta con 4 únicas candidatas mulleres alcaldía. Hoxe falamos con Inés Monteagudo, candidata á alcaldía polo Partido Popular.

2019052010434314152
Inés Monteagudo, candidata do PP de Muros
Inés Monteagudo: "Precisamos un goberno forte e con apoio que saque a Muros da situación de declive na que se atopa"
  • QPC: Cales son as liñas principais do seu programa para as municipais?

Centramos o programa en tres aspectos que son os básicos de calquera proxecto: 

1. Actuacións para os veciños, nas que incluimos medidas dirixidas

-Ás familias: conciliación, a través dun PAI ou outras posibilidades, reducción de cargas fiscais para familias monoparentais e numerosas, bancos de horas para nenos e dependentes.

-Ás persoas con discapacidades, medidas de formación accesibilidades, autonomía personal, apoio aos respiros familiares..

-Á loita contra a pobreza e a exclusión social: bolsas de suficiencia energética e emerxencia social.

-Aos maiores: atención á dependencia, reducción da lista de espera en SAD, programas de envellecemento activo, bono transporte.

-Á igualdade: aplicación da perspectiva de xénero en todas as actuacións municipais, desde os orzamentos ata as actividades.

-Á Infancia e xuventude: estratexia local para a xuventude, achegamento ao mundo profesional, fomento de actividades saludables, ocio positivo, bono transporte.

-Á cultura e deportes: creación dunha axenda municipal cultural e deportiva, creación de liñas de cultura e deporte base, cesión de instalacións, plan de mellora de instalacións, coordinación de actividades entre ESMU e NASMO.

-Á saúde e consumo: ciclos de saude, fomento de hábitos saludables, programas de prevención de adiccións (ludopatía e drogadicción), consumo responsable e sostible.

-Aos animais: coordinación de actividades e iniciativas e colaboración con entidade de defensa e protección da vida animal.

2. Emprego

-Adhesión á rede de concello emprendedores de Galicia, con rebaixas fiscais e medidas administrativas de axilización de trámites, potenciación do asociacionismo

-Melloras urbanas en entornos comerciais, reordenación do mercado e dos mercadillos, creación dun mercado artesanal e ecolóxico

-A ría, o noso recurso mais preciado, ten que estar saneada, e hai que potenciar iniciativas de valorización dos nosos produtos

-Turismo: o turismo nautico e o recoñecemento do Camiño de Santiago, xunto con plan de mantemento de espazos verdes e zonas de ocio, son os tres eixos fundamentais neste ámbito.

3. Territorio

-Plan de mantemento de camiños, vías e espazos, rematar o saneamento, introducir criterios de eficiencia e aforro enerxético en temas como a iluminación pública, acceso de tódolos veciños a TICS, limpeza e mantemento de puntos de recollida de residuos, ampliación e racionalización de aparcamentos

-Medio ambiente: posta en valor e recuperación de espazos naturais, turismo natural, prevención e loita contra os lumes forestais, traballar congiuntamente coas comunidades de montes.

-Creación dunha carta de servizos municipais, reactivación de órganos de participación cidadán, modernización administrativa.

-Plan plurianual de creación de espazos multiusos nas parroquias (para eventos, mercados, actuacións...) que se iniciaría coa recuperación da nave de plácido en esteiro, abrir o local do san francisco en louro, zonas verdes con mobiliario urbano nos lugares, impulsar un proxecto de recuperación do porto de cabanas en tal, transporte bonificado para usuarios de colectivos sensibles, soterramento do cableado no casco.

  • QPC: Como ve a situación político do concello de Muros?

A situación resulta bastante confusa, sobre todo para os cidadáns, que ven como no que se autodenominan “bloque de esquerdas” os seus integrantes pasan o día acusándose uns os outros: CxG dí que o Psoe é a ultradereita, e que eles son a auténtica esquerda, o Psoe dí que CxG son de dereitas, o BNG apoia a CxG pero reprochache que non fai nada... Só se consideran bloque para poder manipular a vontade dos veciños e xustificar as súas componendas. Foron incapaces en toda a lexislatura xa non de poñerse dacordo en algo, se non de tan sequera pasar un só pleno sen descalificacións e reproches constantes entre eles. E mentras pasaba todo eso o noso grupo traballou, presentou 25 mocións en 40 plenos, mocións que expoñían un problema e propoñían unha solución. Aprobarónse case que todas, e moitas por unanimidade. Esa unanimidade indica que demos cos problemas que preocupaban á xente e que tamén demos coa forma de solucionalos ou alomenos palialos. Pero... o goberno local foi incapaz de executar a maior parte desea acordos plenarios, e cando o fixo, foi tan desastrosa a xestión, que parecía peor o remedio que a enfermedade.

Se as cousas non cambian, imos ter máis do mesmo: componendas para ocupar o sillón, e despóis reproches e malas palabras para xestionar. Precisamos un goberno forte e con apoio que saque a Muros da situación de declive na que se atopa e que se vai agravando día a día. E visto durante estes catro anos, ese goberno só pode ser o que integren os membros da nosa candidatura.

  • QPC: Con que aspiracións chega o seu partido a estes comicios?

Acadar a alcaldía e o goberno. Non podemos ter outra, xa no ano 2015 gañamos limpamente as eleccións, pero a portavoz do PSOE, escudándose en que a maioria eran os de esquerdas, doulle a alcaldía a quen despois iba boicotear pleno tras pleno. As aspiracións persoais e o interese propio antepuxerónse ao dos veciños, e a manipulación descarada que fixeron dos seus votos, para utilizalos para cumprir os seus afáns personais tanto a Sra González como a Sra Alfonso, é un dos episodios máis penosos na historia democrática do noso concello.

  • QPC: A pesares de que a presenza da muller incrementouse na política nacional, no ámbito local a porcentaxe de mulleres segue sendo moi inferior á dos homes. O caso de Muros vén a ser a excepción que confirma á regra, non? 

En xeral, incrementouse a visibilidade da muller en moitos ámbitos, e tamén no político. E certo que o feito de que en Muros sexamos catro mulleres as que lideramos as candidaturas chama a atención, o que indica que esa visibilidade non está tan asumida como debería pola sociedade e os medios de comunicación. Se fosen catro homes os que encabezaran as candidaturas probablemente ninguen se sorprendería.

Como muller e como muradana síntome orgullosa de que no noso concello a participación da muller non sexa un feito excepcional, creo que en Muros a presencia da muller en distintos ámbitos non é aalgo aillado, temos mulleres mariscadoras e mariñeiras, xuízas, farmaceúticas, avogadas, tendeiras, músicas, costureiras, encargadas de taller mecánico, arquitectas.... as mulleres en Muros estamos presentes e ocupamos cargos de responsabilidade, no Concello, na Confraría, nos centros de ensinanza, en organizacións e colectivos... As muradanas somos, en definitiva, mulleres do noso tempo, decididas e valentes.

  • QPC: Contemplan un plan de igualdade?

No noso concello xa existe plan de igualdade, outra cousa é que pasara do papel á realidade. Si existe un CIM dende hai xa bastantes anos, e constituiuse a Mesa insterinstitucional contra a violencia de xénero. Tódolos pasos que se dean cara á igualdade real e efectiva son importantes, e é un traballo colectivo que temos que facer entre todos.

  • QPC: Qué medidas concretas se aplicarán nese ámbito?

Acadar a igualdade é un traballo constante, e que require dunha actitude vixilante por parte da administración: desde a elaboración da propia RPT do concello, os orzamentos e bases de execución, que deben incorporar unha perspectiva de xénero, a formación, a colaboración con colexios e entidades, as campañas de difusión de actividades, ....en calquera faceta da vida hai algún compoñente no que se pode traballar pola igualdade, descubrilo, ver cómo afecta, e enfocalo de tal xeito que incorporemos a perspectiva de xénero ten que ser un traballo diario desenvolvido por un profesional de igualdade, que debe existir en todalas administracións.

  • QPC: Cal é estratexia para crear emprego nos catro anos e que resultados (cuantificables) esperan conseguir? -Hai pensada algunha proposta para ampliar a oferta municipal de emprego ante a falta de servizos?

A creación de emprego pasa sí ou sí pola reactivación económica. Non se pode crear emprego si non hai actividade económica. A oferta de emprego municipal non vai ser suficiente para atender á demanda existente, aínda que se levantaran ás restriccións á contratación de personal. A creación de emprego público é necesaria, xa que hai moitos servizos deficitarios en personal, pero non suficiente. É preciso polo tanto favorecer a implantación de empresas e autónomos, a través da formación, da simplificación administrativa e da incentivación económica. En todos eses factores o concello pode adoptar medidas que aínda que non sexan decisivas sí poden ser determinantes, medidas ás que se lle poden incorporar indicadores para avaliar a súa efectividade e repercusión real.

Aínda que nestes últimos anos o comercio local sí parece que está máis activo en canto ao asociacionismo, o certo é que se bota en falta unha agrupación que represente os intereses dos actores económicos (autónomos, pequenas empresas, servicios...), un interlocutor para deseñar as actuacións máis acaídas para o que Muros precisa. A participación social é imprescindible para acadar obxectivos comúns, deseñar políticas de activación económica municipal sen poder contar cun interlocutor que represente ao colectivo ao que te dirixes supón un grado de dificultade engadida.

  • QPC: Hai propostas económicas para fixar poboación (incentivos fiscais para atraer novos veciños e evitar que se marchen os mozos e non tan mozos, desgravacións ou bonificación para creación de empresas, etc.)?

Durante estes catros anos levamos a pleno diferentes medidas que pretendían facilitarlles a vida á colectivos como as familias numerosas, pensionistas e persoas con algún tipo de discapacidade, por unha banda e tamén a aquelas persoas que apostaron polas enerxías renovables e a instalación de establecementos pola outra: pedimos bonificacións no imposto de circulación (IVTM), no imposto sobre bens inmobles (IBI), no imposto sobre construccións, instalacións e obras (ICIO),... 

Por poñer algún exemplo presentamos por unha moción na que pediamos unha bonificación do 95% para construcións indispensables para o desenvolvemento de explotacións agrícolas, gandeiras, forestais, pesqueiras e marisqueiras situadas en solo rústico, outra na que pediamos a bonificación do ICIO en obras de accesibilidade en vivendas para discapacitados, ...

Por outra parte, como comentamos máis adiante, a adhesión ao programa de concellos emprendedores da xunta conlevaría unha rebaixa de impostos e taxas municipais e unha maior axilidade administrativa na tramitación de licenzas e solicitudes.

  • QPC: Tendo en conta a feble situación económica local (2º PIB máis baixo de Galicia), o lóxico será tentar a atracción/mobilización de inversión de fóra. Qué actividades concretas teñen pensado poñer en marcha para isto? Qué outros sectores, ademáis do turismo e as actividades relacionadas co mar, pensan potenciar para reverter a dinámica negativa da comarca?

A información que nós manexamos indícanos que o PIB do noso concello está entre os máis baixos da provincia de A Coruña, concretamente no 10º posto empezando pola cola. No ano 2016, segundo o IGE, o PIB por habitante era de 11.279 euros, máis que Outes ou Lousame, pero menos que Porto do Son ou Rois, por poñer exemplos de concellos cercanos.

Para o noso concello captar investimentos produtivos ten que ser unha prioridade, vainos o futuro en conseguir crear actividade económica e emprego. O concello ten que asumir neste sentido un papel proactivo, unha posible fórmula é adherirse á plataforma de Concellos emprendedores (Concellos doing business Galicia) , posta en marcha pola Xunta de Galicia, para o que hai que modificar as ordenanzas do IBI, IAE, ICIO, e diversas taxas, e comprometerse a resolver as solicitudes nun prazo máximo de 30 días. Esta adhesión supón ademáis ter prioridade no acceso a un número importante de axudas.

Os datos indican que a ocupación céntrase no sector dos servizos, con moita ventaxa sobre a pesca, a industria e a construcción. A actividade no sector primario cínguese á pesca e ao marisqueo. Vainos ser díficil competir en actividades moi industrializadas, polo que hai que buscar oportunidades en produtos personalizados e que nos distingan, como a agricultura ecolóxica, o procesado de peixes e mariscos, a elaboración de produtos innovadores e gourmet, a artesanía -un sector presente e que non se está a potenciar e explotar-, as actividades relacionadas coa rehabilitación -cun saber facer importante gracias ao noso casco histórico-, os deportes de natureza -moi en auxe e para o que contamos cun entorno moi favorable-.

  • QPC: Que medidas se pretenden formular para loitar contra a estacionalidade do turismo?

O turismo supón un motor económico importante no municipio, pero necesitamos desestacionalizalo, creando oferta turística ao longo de todo o ano. Temos recursos e patrimonio para facelo, o que falta é crear vantaxes comparativas coa combinación destes factores para ofertar unproduto competitivo e de calidade. A combinación de actividades físico-deportivas, actividades naúticas, culturais e de natureza da para crear oferta para todo o ano. Hai dous elementos que consideramos ademáis de capital importancia: O CAMIÑO DE SANTIAGO, o recoñecemento da ruta que vai desde os portos á capital de Galicia pode ser un revulsivo para o sector, se sabemos rendabilizala; e a NAUTICA RECREATIVA, na que hai marxe para medrar.

  • QPC: Que proxectos teñen en marcha para recuperar, aproveitar e poñer en valor edificios emblemáticos como o Cine París, as instalacións da Lonxa Vella, o Mercado de Abastos; ou o resto de antigas salgaduras que hai polo concello?

Xa na anterior campaña das eleccións municipais incidimos en que os recursos patrimonais teñen que converterse en elementos dinamizadores da economía municipal. Por unha parte os edificios de titularidade municipal, ao igual que os privados, teñen certas restriccións derivadas da súa condición de elementos singulares, e doutra, moitas das edificacións ás que se refire teñen unha casuística moi variada que requeriría analizar cada caso (afectación costas, concesións administrativas....). O que é evidente é que un edificio como o da lonxa vella non pode ser utilizado como jalpón, a nosa proposta é darlle actividade económica, e convertela nun mercado de peixe e produtos frescos, dándolle cabida tamén, se é posible, a outro tipo de actividade relacionadas co mar, ou a restauración. É preciso tamén cubrir outras necesidades para mellorar ou ampliar os servicios que se prestan no concello, para o que se poderían destinar algunha doutras desas edificacións. As antigas salgaduras constitúen un rico patrimonio que hai que conservar, polo menos, nas súas expresións máis singulares, e téñense organizado rutas para a difusión deste patrimonio, que se recolle ademáis en interesantes libros, que dan conta dunha parte da nosa historia.

Comentarios