Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Infantís: O Xallas vence aos Miúdos e se convirte en novo Campión da Copa da Costa

Xallas campion da Copa da Costa infantil 2019
Xallas campión da Copa da Costa infantil 2019
Infantís: O Xallas vence aos Miúdos e se convirte en novo Campión da Copa da Costa

Fantástico ambiente na primeira das 4 final da fin de semana. A mañá sabatina amosábase intensa nun San Andrés que se enchía coas afeccións xalleiras e muradás, para ver aos seus pequenos. E viviron un fermoso encontro, que comezaba coa entrega da Copa de Campión de Liga a todo un Cee.

Pasillo ao Cee como campion da Liga InfantilO Cee recibiu o trofeo de campion da Liga Infantil

Xallas - Os Miúdos (3-0)

  • Goles: 1-0, m.10: Manuel Bieito; 2-0, m.15: David; 3-0, m.80: Fabio.

Final da Copa da Costa Xallas-Os Miudos

Partido que se rompeu moi pronto con dous goles do cadro xalleiro cando apenas ían 15 minutos.Tardaron os muradáns en reaccionar, pero pouco a pouco foron asentándose e buscaron meterse no partido, pero unhas veces os nervios e outras o maior poderío físico xalleiro impedíanlles recurtar.

Tras o descanso Os Miúdos saíron intensos e coa idea de marcar un gol que lle dese opcións e, de feito, tiveron algunha oportunidade. Mentres, o Xallas mantíñase ben ordenado e saía á contra con perigo para sentenciar pero o porteiro muradán evitouno nun par de ocasións.

A pouco do final Fabio, cos Miúdos volcados, logrou a sentencia e a alegría final para os xalleiros.

Silvia Cancela entregando a copa de Campion da Copa da Costa ao Xallas
Os Miudos subcampion da Copa da Costa infantil2Os Miudos subcampion da Copa da Costa infantil

Os xa campións da Copa da Costa

Novas relacionadas

Comentarios