Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Un informe xurídico confirma que a venda de Ferroatlántica volve precisar da autorización da Xunta

Carlos Aimerich Paulo Carril e Alfonso Mouzo
Carlos Aimerich, Paulo Carril e Alfonso Mouzo na presentación do informe xurídico sobre a venda de Ferroatlántica
Un informe xurídico confirma que a venda de Ferroatlántica volve precisar da autorización da Xunta
Un informe xurídico confirma que a venda de Ferroatlántica volve precisar da autorización administrativa

De novo o profesor de Dereito Administrativo da Universidade da Coruña, Carlos Aymerich, realizou un informe xurídico para analizar a legalidade da https://www.quepasanacosta.gal/articulo/costa-da-morte/villar-mir-vende-ferroatlantica/20190604094351110259.html>venda de Ferroatlántica ao fondo estadounidense TPG. Unha venda que dende a CIG consideran“ilegal e fraudulenta” de aí que volvan pedir á Xunta que invaliden o proceso de venda.

A central sindical conta agora cun informe para a Xunta non evada a súa responsabilidade, un informe que ratifica a necesidade dunha autorización administrativa para levar a cabo a venda e se pon en dúbida que se vaia a respectar a cláusula que impide a segregación de actividades.

”Non estamos diante dunha operación limpa, senón que se trata dun proceso ilegal, agravado co feito de que se pretende que as fábricas pasen a ser unha especie de subcontrata de FerroGlobe, desvinculado da produción de enerxía e sen garantías de viabilidade e mantemento do emprego”, sinalou Paulo Carril, máximo representante da CIG, presente na presentación do informe ao carón de Alfonso Mouzo, voceiro da CIG no Comité costeiro.

“É inaudito e insólito que teñamos fábricas que por falta dunha regulación para a industria electrointensiva estean a perder postos de traballo e mesmo pechando, como tamén o é que a Xunta, sendo titular de concesións hidráulicas non leve a cabo accións que garantan a industrialización e a creación de emprego”, valoran. Denunciou que acontece todo o contrario, “porque somos un país produtor de enerxía e padecemos os efectos da contaminación que estas actividades xeran, pero contribuímos á industrialización, desenvolvemento e fixación de poboación noutros territorios do Estado”.

Dous anos despois, repítese a historia

Dende a CIG alertan de que a situación é semellante ao intento de hai dous anos, cando a Xunta impediu a segregación das fábricas da produción hidroeléctrica. Unha decisión que aínda ten recorrida a empresa, algo que critican dende a central. “É escandaloso que tanto o vendedor como ao comprador néganse á retirada do recurso interposto contra a Xunta, o que confirma que non existe boa fe na operación senón un intento de levar a cabo unha venda fraudulenta e contraria á lexislación vixente”, sinalan.

Principais argumentos do informe

O informe explica que como a venda se fai non a través da venda dos activos senón mediante unha transferencia de accións -cuxo 100% pasa ao fondo de investimento estadounidense TPG, que lle encargou a xestión do complexo á sociedade Ithaka- bastaría unicamente cunha comunicación porque non hai cambio no titular da concesión, só varían os accionistas. O Informe lembra “unha sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea do ano 2008 pola que establece que se un contrato foi adxudicado a unha empresa mediante un procedemento competitivo, e se as circunstancias desa empresa cambian, pode haber unha fraude dese procedemento (páxina 7)”.

Novas do co conflito #Ferroatlántica

Artigos relacionados

Comentarios