Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Íntegro e La Caixa asinan un convenio de colaboración para un programa vacacional

Íntegro e La Caixa asinan un convenio de colaboración para un programa vacacional
Adolfo Lopez e Inmaculada Perez asinaron onte o convenio de colaboracion Adolfo López e Inmaculada Pérez asinaron onte o convenio de colaboración entre Íntegro e La Caixa O presidente de Íntegro - Adolfo López Baña - e a directora da oficina de La Caixa de Baio - Inmaculada Pérez García - asinaron onte un convenio de colaboración co fin de cofinanciar o programa Respiro Familiar Vacacional 2016 para a Diversidade Funcional de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra. Esta iniciativa posta en marcha este verán cunhas vacacións en Madrid pretende ofrecer ás familias unhas xornadas de respiro e merecido descanso ao tempo que posibilita aos usuarios e usuarias a realización unha viaxe de varios días de duración lonxe do seu fogar. Tanto Adolfo López Baña como Inmaculada Pérez destacaron a importancia de poñer en marcha accións conxuntas de financiamento para posibilitar a realización de proxectos deste tipo, que polo seu coste económico serían inviables para calquera entidade social sen ánimo de lucro. Neste senso, o presidente de Íntegro amosouse moi agradecido a La Caixa de Baio “por contribuír a facer realidade este ansiado soño que acaba de ver a luz e que doutro xeito non sería posible”. Novas relacionadas

Fonte

Comentarios