Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Íntegro formará 12 persoas con diversidade funcional en materia de agricultura e xardinería gracias á Fundación Once

Íntegro formará 12 persoas con diversidade funcional en materia de agricultura e xardinería gracias á Fundación Once
Non para de medrar Íntegro e agora vólcase nunha nova acción formativa de inclusión sociolaboral relacionada co agro. Será a través da Fundación ONCE. que vén de resolver favorablemente unha axuda económica para a posta en marcha dunha nova acción formativa denominada “actividades auxiliares de agricultura e xardinería”, que se desenvolverá ao longo do ano 2019. Dita actividade, forma parte da Convocatoria de axudas económicas da Fundación ONCE no marco do Programa Operativo de Inclusión Social 2014-2020, co-financiado polo Fondo Social Europeo (FSE). Os destinatarios/as do novo curso serán 12 persoas con diversidade funcional da Costa da Morte, aos que se lles facilitará tanto formación específica sobre a materia como en competencias transversais para a mellora do emprego.

Competencias Clave

Por outra banda, a asociación Íntegro porá en marcha na segunda quincena de xaneiro, un novo curso de preparación das Competencias Clave, no que terán prioridade de acceso ás persoas con discapacidade intelectual.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-xunta-reconece-o-labor-de-integro-e-apoia-o-proxecto-avanza-inclusion/ https://quepasanacosta.gal/integro-centra-a-accion-na-insercion-sociolaboral-co-curso-de-competencias-clave/

Comentarios