Venres. 29.03.2024
El tiempo

Íntegro informa sobre a prevención das lesións medulares aos escolares

Íntegro informa sobre a prevención das lesións medulares aos escolares
integro ceip canosa rus Membros de Íntegro mantiveron un encontro con alumnos e alumnas de 6º de primaria do CEIP Canosa-Rus de Carballo Co obxectivo de conciencialos sobre as principais consecuencias das lesións medulares, o presidente de Íntegro - Adolfo López Baña -, o vicepresidente -Ramón Pombo - e vogal David Pombo estiveron cos alumnos e alumnas de 6º de primaria do CEIP Canosa-Rus de Carballo. Durante esta visita, subvencionada polo concello de Carballo, levouse a cabo unha charla teórica para concienciar aos estudantes sobre os danos irreparables causados pola realización de prácticas de risco en praias e piscinas, ou por accidentes de tráfico, e informalos sobre a importancia da súa prevención. Os escolares tamén puideron coñecer da man dos protagonistas da xornada as experiencias persoais que os levaron a sufrir unha lesión medular, o que espertou gran interese entre o alumnado, que non dubidou en facer todo tipo de preguntas relacionadas coas dificultades e a complexidade de vivir sobre unha cadeira de rodas. Polo que tiveron a oportunidade de comprobalo por si mesmos. Para elo trasladáronse ata o ximnasio do centro educativo para vivir unha experiencia que resultou tan divertida como sorprendente, ao comprobar, en primeira persoa, o difícil que pode chegar a ser realizar accións tan sinxelas como desprazarse ou subir e baixar unha beirarrúa. Aínda así, houbo quen se atreveu a botar unha carreira sobre a cadeira de rodas. Novas relacionadas

Fonte

Comentarios