Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Íntegro organiza un mercado de Nadal con agasallos artesanais e solidarios

Íntegro organiza un mercado de Nadal con agasallos artesanais e solidarios
mercado-nadal-integro O vindeiro venres, día 23, a asociación Íntegro abrirá as súas portas ao público nunha xornada de portas abertas na que organizarán un mercado solidario con produtos artesanais elaborados polos usuarios e usuarias do centro ocupacional de Nantón no que non faltarán os tradicionais xabóns de glicerina 100% vexetal da colección Bicos de Amora así como varios artigos doados por outras entidades sociais e particulares que decidiron colaborar na recadación de fondos benéficos para o financiamento de novos programas e servizos para persoas con diversidade funcional da Costa da Morte. De 10 a 14 horas, o centro converterase nun gran escaparate de Nadal onde os visitantes poderán coñecer e mercar algunhas das últimas creacións artísticas confeccionadas en escaiola e pintadas e personalizadas polos alumnos/as do obradoiro de artes manuais. Tamén haberá pezas de bixutería con deseños únicos e moi orixinais que non pasarán desapercibidos. Todas as persoas que se acheguen a visitar o mercado de Nadal poderán aproveitar a súa estancia en Nantón para coñecer de preto as nosas instalacións e gozar da decoración típica destas datas realizada polos usuarios e usuarias de Íntegro. Novas relacionadas

Fonte

Comentarios