Imprimir

Interceptan 4.000 kilos de cocaína que entraban por Muxía

que pasa na costa | 14 de setembro de 2009

Planeadora de descarga atopada en Muxia Planeadora de descarga atopada en Muxia

Eran 4.000 kilos de cocaína os que ían entrar na Costa da Morte a pasada madrugada, pero a Policía Nacional en colaboración co Servicio de Vixilancia Aduanera, interceptaba ao operación. Se a semana pasada, a CIG falaba daCosta da Morte como o novo porto de entrada da droga en Europa, os datos refrendan a tese.

Unha lancha rápida de 6 motores, cargada con 122 fardos de cocaína, estaban descargando a droga en terra firme logo de que a Policía localizara a lancha a 10 millas da praia de Arnela, preto de Loureiro, no concello de Muxía.

Os tripulantes, ao seren descubertos, abandonaron a mercancía e emprenderon a fuxida cara o sur. Pararon na zona ribeirense de Aguiño, onde queimaron a embarcación.

Os fardos tiveron que ser recollidos da mar por mor da forte oleaxe.

Fonte

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/muxia/interceptan-4-000-kilos-cocaina-entraban-muxia/20090914083114081223.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA