Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O Interplay volveu convertir Carballo na capital da cultura dixital global

Nosaltres e Gente Hablando conquistan o palmarés do VI Carballo Interplay.

As cousas do Choio conseguiu o premio a mellor serie en galego e Tarde Baby, o de mellor serie internacional. Ademais, repartiuse o Premio ao mellor proxecto de webserie en galego, dotado con 1.500 euros, para a produción dos tres primeiros capítulos, a Xan e Amnesia 3.0, duplicando así a dotación total do galardón.

Publico ateigando o Pazo da Cultura para o Carballo Interplay 2019-Foto-David Bombilla
Público ateigando o Pazo da Cultura para o Carballo Interplay 2019-Foto-David Bombilla
O Interplay volveu convertir Carballo na capital da cultura dixital global

Rematou a VI edición do Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay. Esa cita que volveu converter durante unha semana a vila bergantiñán na capital da cultura dixital global, e tras unha semana de actividade vertixinosa, pechou o telón a noite do sábado coa gala de entrega de premios ás mellores webseries. 

Unha Gala absolutamente ateigada, dun concurso pioneiro que xa é todo un referente a nivel internacional e que este ano recibiu máis de 200 propostas de todo o mundo. 

Foto de familia do Carballo Interplay 2019-Foto-David Bombilla
Foto de familia do CIP 19 de David Tombilla

A gran gañadora no palmarés final foi Nosaltres, que se fixo co premio á mellor serie estatal e cos de mellor dirección, para María Medinilla e Roger Grau, e mellor actriz, para Paula Jornet. Esta webserie, que aborda en capítulos duns 10 minutos de duración temas capitais para a mocidade como o acoso, a relación coa familia, a amizade, o racismo ou as redes sociais. Prodúcea a Fundación Montblanc, e os capítulos poden verse na páxina web www.fundaciomontblanc.orges, onde tamén se poden descargar unidades didácticas que buscan fomentar o diálogo e o debate en clase.

Gala CIP2019-Gente Hablando-Flooxer--Foto-David Bombilla
Gente Hablando de Flooxer, recollendo o premio--Foto-David Tombilla

Gente Hablando, que recolleu o premio do público, unha mención especial do xurado e os premios ao guión, para Álvaro Carmona, e ao mellor actor, para Ramón Barea, é unha serie de autor na súa formulación, guión e dirección producida por Flooxer, a plataforma de contidos dixitais de Atresmedia. Cada episodio de 10 minutos inclúe unha conversa entre dúas persoas, sempre distintas, tentando parecer naturais.

O premio á mellor serie internacional foi para a comedia arxentina Tarde baby, no que Malena Pichot e Charo López retratan un futuro post-apocalíptico.

Sonia Mendez Gala CIP2019-baixa-DavidTombilla_-059
Sonia Méndez, directora e alma máter do Festival Carballo Interplay-Foto-David Tombilla

Aposta polo audiovisual galego

As cousas do choio copia webserie

O premio á mellor serie en versión orixinal en galego acadouno o videoblog As cousas do choio (na imaxe), protagonizada por Juan O Choio, un octoxenario do rural e mariñeiro de toda a vida que se convirte en youtuber e ofrece, dende o seu alpendre, consellos de supervivencia en clave de humor a todos aqueles que queiran aprender da súa sabedoría. O xurado quixo, tamén, facer unha mención especial para o documental Cativos na cociña, que ofrece os produtos e receitas da Galicia enxebre a través da ollada dun cativo.

Ademais, o xurado decidiu outorgar cadanseu Premio ao mellor proxecto de webserie en galego, dotado con 1.500 euros para a produción dos tres primeiros capítulos, a Xan e Amnesia 3.0, duplicando así a dotación total do galardón.

Pitching_Xan-800x533

Novas relacionadas

Edicións Anteriores

Comentarios