Venres. 29.03.2024
El tiempo
José Luis Louzán
20:14
29/09/10

Intrigado

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia declaraba nulas esta semana dúas licencias de obra outorgadas hai anos polo concello de Fisterra para construir duas das innumerables obras que nos últimos anos, os da fartura, se levantaron na recta da Anchoa. E dende que saltou a noticia algo me intriga de xeito insuperable e profundo ¿quen é o responsable? Entendo que a lexislación en materia urbanística é directamente incomprensible, feita dun xeito “ultratécnico” e “hiperburocrático” a propósito, co único fin de deixar ducias de flecos a partires dos que manter este extraño xeito de regular sin facelo. Entendo que para un alcalde, probablemente sin preparación en materia lexislativa ou arquitectónica, toda esa palabrería técnica de zonas, alturas, edificabilidades, e esa maraña de normas, plans, proxectos, sen fin e sen xeito, debe resultar tan galimatías como para calquera. I entendo que os cartos que a construción xenera non os ofrece ninguna outra actividade, salvo seguramente as ilegais, e que debe resultar difícil, moi difícil, abstraerse de todo ese mundo. Pero… Alcaldes, secretarios e técnicos municipais se deben ós cidadans que, entre outras cousas, lles pagan. Cando un concello outorga unha licencia de obra o fai (suponse) porque ten a completa seguridade de que o que fai e plenamente legal e irrebatible. E senon é así o que debería facer e non outorgala. Ademais, todas as licencias, máis no caso de obras como unha das ilegalizadas en Fisterra (88 apartamentos nun bloque), pasan indefectiblemente polo departamento correspondente da Xunta que da o seu visto bo. Así que, sumado todo isto ¿me pode alguen dicir como carámbanos é posible que existan (aló menos) dous edificios, 94 apartamentos, que incumplican a lei e que, de facerse efectivos todos os extremos da sentencia, deberían ser derruidos? Pregunto isto porque a día de hoxe, catro días despois de que saltase de xeito definitivo o asunto, non vexo unha dimisión, non coñezo de ningunha desculpa, de ningun acto de contrición, nin en Fisterra nin tampouco na Xunta do momento que aprobou ou simplemente aceptou que edificios que eran susceptibles, como queda comprobado en sentencia firme, de ser ilegais foran construidos. A culpa agora non é de ninguen. Bueno si, segundo algúns do promotor, o que eu tamén considero culpable, en certo xeito, pero non pola obra senón por fiarse dun xeito de facer as cousas máis determinado o fraude que a cumplir coa lei. Agardemos que finalmente a “reposición da legalidade” a que obriga a sentencia non obrigue o derrubo das vivendas, un acto que provocaría unha indemnización millonaria da que, esta vez si, tería que facerse cargo alguén. Si ese alguén fose, de feito o concello de Fisterra, poderíamos falar como pouco de mais de 9 millons de euros en indemnizacions (calculado grosso modo), unha cifra que corresponde o presuposto municipal para dous anos. A ruina. Intriga, ¿quen é o culpable?.
  • José Luis Louzán (louzan[arroba]quepasanacosta.gal).

Máis información e contacto

Columnas anterioires

Comentarios