Imprimir

Investigan un condutor tras ser cazado por cuarta vez baixo os efectos do alcohol

que pasa na costa | 15 de xuño de 2020

"Velocidade e alcohol están detrás da maioría de sinistros viais que estamos tendo na desescalada", recoñece a Garda Civil.

O equipo de Atestados do Subsector de Tráfico da Coruña vén de abrir esta fin de semana unha investigación penal contra un home que foi interceptado, por cuarta vez, conducindo baixo a influencia do alcohol.

Os feitos aconteceron durante un punto de verificación de persoas e vehículos na DP-2904 entre Coristanco e Santa Comba, aínda no termo municipal coristanquñes. A patrulla notou os singos de embriaguez do condutor, polo que lle realizaron aproba de alcolemia, dando 0,90 e 0,94 mg/l en aire expirado, máis do triple do permitido.

Os axentes comprobaron que o condutor ten tres antecedentes polo mesmo delito en anos anteriores, sendo condentado penalmente e tendo que realizar o curso de Reeducación Vial nas tres ocasións.

Novas relacionadas

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/coristanco/investigan-condutor-ser-cazado-cuarta-vez-baixo-efectos-do-alcohol/20200614212918119996.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia