Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Investigan un coruñés por facer pintadas insultantes en varias fachadas da Laracha

Pintadas na Laracha
Pintadas realizadas na Laracha
Investigan un coruñés por facer pintadas insultantes en varias fachadas da Laracha

Insultos sen moito xeito eran as escrituras que un veciño da Coruña supostamente estivo pintando en varias fachadas da Laracha entre os 27 de febreiro e o 7 de marzo. A Garda Civil seguiu o rastro das 20 pintadas realizadas en 11 rúas, e conseguiu un vídeo dun particular. A realidade é que a veciñanza estaba moi molesta con este proceso de afeamento das rúas, polo que se puxo en contacto ca Gada Civil para denuncialo permitindo así que sexa investigado por un delito continuado de danos.

Comentarios