Xoves. 25.04.2024
El tiempo

ISM e xubilación: O BNG escoita as demandas do sector do mar en Corcubión

Visita de Nestor Rego ao mar de Corcubion
Reunión na confraría de Corcubión
ISM e xubilación: O BNG escoita as demandas do sector do mar en Corcubión

Esta fin de semana o posible peche do Instituto Social da Mariña de Corcubión volveu ser protagonista. Tralas críticas da Confraría, de varios partidos e da xente do mar, esta fin de semana foi de novo o BNG o que se achegaba á vila de San Marcos para manter unha reunión cos patróns maiores da comarca.

O deputado no congreso, Néstor Rego, acompañado polo portavoz na localidade Lois Lado e ovarios representantes municipais, estivo aos patróns maiores das confrarías para explicar o traballo que está facendo o BNG para manter o servizo de médico do ISM, e para analizar a posibilidade de que esto sexa o preludio de que pechen defintivamente o ISM de Corcunión e que todas as xentes do mar da Costa da Morte teñan que ir a Coruña ou a Noia.

”O BNG entende que é un preciso público que hai que manter e alí onde se necesita”, explicou á saída Rego, que lles prometeu levar o asunto, de novo, ao Congreso dos Deputados estatal.

Igualmente os patróns trasladáronlle a necesidade de retomar as negociacións sobre os coeficientes redutores de xubilación das mariscadores e Percebeiros. Un asunto tremendamente necesario, dando conta da necesidade de seguir traballando que teñen homes e mulleres de 60 anos con problemas de ernias, de columna, de falta de vista ou de oído… Rego recoñeceu que é un asunto que vén de lonxe e se comprometeu a levalo asunto arriba.

Imos traballar para que se transfira Non ten sentido que dependa do Ministerio de Seguridade Social de Madrid. Apoiar todo o que fagan os patróns.

Nego cos representantes do BNG da comarca
Rego cos representantes do BNG da comarca

Dúas ordenanzas a nivel local

Paralelamente, o BNG corcubionés presentou unha iniciativa para a confección dun novo Regulamento e Ordenanza do Cemiterio Municipal dado que o que existe na actualidade prestase “a ser confuso, obsoleto e contraditorio en moitos artigos”. Xa en 2013 se tratou a necesidade de regular a temporalidade e caducidade das concesión actualizando expedientes de caducidade por falta de pagamento das taxas ou pola existencia de numerosas unidades de enterramento en aparente estado de abandono.

Por outro lado presentaron tamén outra moción para que o Concello de Corcubión retire do rueiro os nomes das rúas “Isabel II e Xeneral Serrano” e pasen a ser chamadas “Rúa de Alan Lomax” e “Rúa das Xaviñanas”.

Novas relacionadas

Comentarios