Venres. 29.03.2024
El tiempo

Jaime Casais, Pres. Empresarios en Cee:" Hai que concienciar a nosa xente de que comprar fora é encargar pobreza para a nosa zona"

Jaime Casais, Pres. Empresarios en Cee:" Hai que concienciar a nosa xente de que comprar fora é encargar pobreza para a nosa zona"
Jaime Casais no centro Jaime Casais no centro, facendo entrega duns premios no Centro Comercial Finisterrae   Como continuación ao artigo da pasada semana sobre a situación crítica do comercio en Cee e na Costa da Morte, hoxe entrevistando ao Presidente da Patronal en Cee e xerente do Centro comercial Finis Terrae, Jaime Casais Leis
  • QuepasanaCosta: A campaña de Nadal é sempre unha época de moito traballo e tamén ingresos. Sen embargo, parece estendido un certo malestar polo resultado da campaña neste 2017-18, notouno vostede entre os asociados da patronal en Cee?
Jaime Casais: O téxtil, a nivel nacional, notou bastante o clima atípico deste Outono. Por iso estas rebaixas de Xaneiro son mais importantes do normal. En outros sectores, a campaña tivo resultados bos ou regulares segundo os casos. Nalgúns deles se sinte o aumento de competencia, online e física. E tampouco esquezamos que hoxe en día as campañas navideñas se dilúen un pouco polo efecto "black friday" e a nivel local moita xente aproveita para facer as súas compras de Navidade na Feira Local de Comercio. Isto fai que parte da caixa de decembro se adiante a novembro.
  • QPC: Existe tamén unha aparente escalada no que a peches e abandono de actividade se refire, trataríase dun cambio de ciclo no comercio en Cee ou hai algo máis?
J. C.: Son rotacións normais. Hai un dato triste pero moi esclarecedor: en España o 80% dos negocios pecha antes de cinco anos. Xa ocorría antes de 2008, non é algo conxuntural. En Cée temos unha estabilidade maior que esa media. E iso que a oferta de baixos en Cée aumentou moito neste século, pois outros pobos non gañaron un territorio enorme como é o recheo. Hai xente que debería entender que un baixo barato sae moi caro si vendes pouco, e barato si vendes moito.  
  • QPC: O Centro Comercial é un polo de atracción económico en Cee, sen embargo tamén parece estar sufrindo un certo estancamento no que a ocupación e rotación de negocio se refire, ¿Non terminamos de saír da crise?
J.C.: Si, o Centro non está no seu mellor momento. Existen fases, como en tódolos mercados. Ata fai un par de anos, nunca houbo mais de 5 locais pechados nin menos de 32 funcionando. Agora mesmo son 29. O Centro segue tendo gran maioría de locais funcionando sen interrupción desde 2003, e o 90% da superficie ocupada. De 5.200 m2 alugables, hai libres 520. Moi meritorio tendo en conta a crise brutal vivida, con centros de cidade pechándose, ou Pontevedra sen Cines. E tamén tendo en conta a cantidade de novos locais e supermercados que no existían en Cée cando o Finis Terrae abriu. Ou Marineda. O Finis Terrae segue funcionando ben e con case un millón de visitas por ano. O que pasa é que hai un par de tendas libres que chaman moito a atención por estar tan ben ubicadas. Eses 520 m2 son 8 locais, un deles con 40 metros de escaparate, e iso chama a atención. Pero hai 4.680 m2 ocupados. E durante este ano esperamos que vaia a aumentar a ocupación.  
  • QPC: Cales serían as medidas ao alcance do comercio en Cee para tratar de reverter esta situación?
  • J.C.: Cando existe un problema de competencia, e iso é case sempre… non hai situación que reverter. Hai que competir, adaptarse. Coñecer mellor ao cliente, saber que hoxe en día os gustos cambian mais rápido. Esmerarse no servizo. Ofrecer vantaxes engadidas. Entrar no comercio electrónico tamén. E concienciar a nosa xente de que comprar fora é encargar pobreza para a nosa zona. Desde a Asociación realizamos eventos na medida do posible e sempre estamos en campaña de concienciación da importancia da compra local. Si se deixa morrer o comercio local despois sería difícil de recuperar.
 
  • QPC: En que medida está afectando o comercio electrónico a sectores coma o téxtil ou o do calzado nunha pequena localidade coma Cee?
J.C.: Nunha medida algo menor que nas grandes cidades, onde xa reparten no mesmo día . Pero aínda así, o impacto existe. Sen embargo, creo que é maior o impacto de Marineda e do aumento da competencia en Cée. Porque as compras online supoñen so o 6% do total nacional por agora. Por tanto, non poden ser a única razón. Iso sí, ese 6% é en conxunto, si falamos de calzado ou informática a porcentaxe é moito maior. E si falamos de hostalería, perruquería, obviamente tende a cero. Así que vai por barrios.  
  • QPC: É optimista con respecto ao futuro ou fai falta algo mais para lograr que as ventas aumenten?
J.C.: O emprego está aumentando cada ano. Os salarios empezarían a repuntar a partir deste. Claro que cabe o optimismo, pero dentro dun mercado mais e mais competitivo onde sobreviven os mellor ubicados e con clientela mais fidelizada. En Cee bótanse de menos proxectos grandes, e urxe encher o polígono de empresas que traian actividades novidosas e creen empregos.  
  • QPC: Son os comerciantes en Cee conscientes de que existe un problema?… ou tal vez non exista?
J.C.: Claro que existe preocupación. Entre os que venden pouco, por sobrevivir. Entre os que venden regular, por vender mais. E os que venden moito se preocupan porque iso non cambie. Pero é que así debe ser! Hai que gañarse o mercado cada día. O comercio non é abrir unha tenda e sentarse a esperar, é un oficio moi especializado. E se nota moito, quen ten veteranía e sentido comercial, e quen abre unha tenda sen plan de negocio previo, ou sen a formación necesaria. Os bos, e os que aprendan a selo, vivirán do comercio toda a vida. Iso sí, adaptándose permanentemente, incluso cambiando de actividade. Vende unha experiencia, non so a mercancía. E moitos dos nosos comerciantes xa saben facelo, por iso teñen clientelas estables. Outros aprenderán, e na Asociación estamos para axudar a todos eles.   Jaime Casais Leis é Presidente da Asociación de Empresarios de Cee e Xerente do C.C. Finis Terrae  

Novas relacionadas

Comentarios