Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Javi Mos imparte un taller de redes sociais para hostaleiros

Curso de Facebook e Instagram para Hostaleiros con arela e Javimos
Javi Mos imparte un taller de redes sociais para hostaleiros

A axencia de comunicación e marketing Arela Comunicación Sostible prepara unha sesión de traballo dirixida por Javi Mos. O obxectivo da xornada é aprender a sacarlle proveito ás principais redes sociais, enfocada a negocios de restauración e hostalería da zona da Costa da Morte. Así, os principais temas que se tratarán son: a importancia de ter unha boa imaxe nas redes sociais; as fotografías para redes sociais; como sacarlle partido a Facebook; como sacarlle partido a Instagram; búsqueda de ideas para facer publicacións sobre o teu negocio.

Formato e duración

O programa consistirá nunha única sesión de 2 horas de duración cun grupo de entre 5 e 10 participantes. A sesión será totalmente práctica, na que se analizarán os casos das empresas participantes e tamén casos de éxito doutras empresas que poidan axudar a entender o potencial das redes sociais para un negocio deste tipo.

Lugar e reserva

A clase está prevista para o martes 8 de outubro, de 12.00 a 14.00 horas, en Cee (A Coruña). O prezo da praza son 50 euros por participante. O número máximo de prazas dispoñibles son 10. Podes facer a túa reserva premendo aquí.

Outras xornadas formativas

Comentarios