Venres. 19.04.2024
El tiempo

Jesús Picallo: "A Autovía ata Berdoias ou unha Vía Rápida ata Negreira son necesidades básicas"

Jesus Picallo no Semaforo de Fisterra
Jesuús Picallo no Semáforo de Fisterra
Jesús Picallo: "A Autovía ata Berdoias ou unha Vía Rápida ata Negreira son necesidades básicas"

A piques de marchar este escuro 2020, queremos falar cun dos referentes do sector turístico da Costa da Morte para analizar o vivido e pensar o que vén. Falamos con Jesús Picallo, ten que manter pechado o Semáforo de Fisterra, a pesar de ter unhas boas previsións para este nadal. Pero os peches perimetrais provocaron que a ceas de empresa ou as viaxes de Nadal se tivesen que cancelar. ”Entre o temporal e a pandemia non nos deixan traballar”, bromea.

Falamos con el tamén da necesidade e oportunidade que xeran a marca territorio Terra Atlántica para as empresas da Costa da Morte.

 
  • QPC: Que valoración facemos deste 2020?

A nivel xeral non pensabamos ter este remate de ano tan malo. Estes peches de última hora frearon o consumo. A situación do sector hosteleiro é precupante, por non dicir outra cousa, porque é certo que si se traballou no verán, pero os negocios seguen abertos por inverno, e os peches perimetrais provocan que a xente non poida vir. Aveciñábase un fin de ano bo, en canto reservas, ceas de empresas… e tívose que cancelar, provocando un peche de ano en número de ventas, moi malo. Pensabamos que estabamos pelexando por empatar, pero as cifras son máis de perder.

Ademais, os problemas da hostalería arrastra ao comercio, porque hostalería e comercio vai xuntos.

 
  • QPC: Como impactou na comarca a caída do Camiño de Santiago?

Hai xente que vive nun 60-70% de estranxeiros. E o Camiño baixou un 95%, quitando os dous meses de verán que hubo algo de turismo nacional. Pero é que ultimamemente traballamos o Camiño ata novembro e agora non se pode aguantar.
E é unha cadea, porque se fala do peche de centos de Axencias coas que traballábamos e iso tamén nos pode perxudicar para o futuro.

 
  • QPC: Como valoras as respostas das administracións locais, autonómica e central? Axudaron o suficiente ao sector?

Queríamos axudas, non limosnas… Din que están chegando pero non solucionan nada. O que non falla é a cota mensual de autónomos.
Por exemplo, as axudas locais veñen polos Plans PEL da Deputación que chegarán ás contas correntes dos autónomos a partir de marzo, cando entendemos que este sector debería ter un rescate como o que tiveron outros sectores.

E para isto temos que ter en conta que o sector é a locomotora de todo. Do bar viven o do peixe, o da pintura, o da electricidade, os mobles, os panadeiros, taxistas..… vese afectado todo o tecido produtivo.

Ninguén dubida da boa vontade da política, pero son parches. Agora aparecen os bancos están ofrecendo cartos moi baratos, pero como chos vou pedir se non chos podo devolver?? A morosidade está subindo moito, de feito.

Por sacar unha medida positiva, teño que dicir que o Bono Sanitario, si que serviu, inxectando 5 millóns de euros no mercado. Dende o Cluster de Turismo estamos pedindo que o amplien para Policía Local, Protección Civil…

 
  • QPC: Cres que a marca Terra Atlántica - Costa da Morte axudará a remontar?

Nun futuro penso que si, pero hai que potenciala máis. Necesita coller máis repercusión e máis campañas fóra de aquí. Este é o inicio, e pasou a pandemia polo medio. Agora temos que investir en promoción para darlle máis impulso e continuidade.

 

A ver se os alcaldes se toman en serio a CMAT e APTCM, porque vai vir moitos cartos de Europa para crear Plan de Sostenibilidade, e os Xeodestinos estanse preparando. Vexo que os alcaldes non apostan o suficiente por estas entidades, e temos que tomalos en serio, e ir preparando un Plan, con consultoras de verdade. Temos que facer presión ademais, para sacar cousas adiante.

 
  • QPC: Que eivas máis grandes vés que segue tendo a comarca para desenvolverse?

Gustaríanos que xa estivese o ano que a vén a Autovía estivese rematada ata Berdoias; e a Vía Rápida ata Negreira. Son cousas básicas. Crecen os territorios que están comunicados, pero tanto a nivel turístico como industrial. Pero sorpréndeme que non hai ningún ente que o reclame. Nas Rías Baixas te moves rapidísimo, e aquí para ir e vir da Barbanza é imposible.

 
  • QPC: Como van as previsións para abrir o Hotel Faro de Lariño?

Para Semana Santa non chegaremos a tempo, se ben seguimos traballando a un ritmo dun 30%, pero esperamos estar abertos en maio. Vai quedar un sitio espectacular.

 
  • QPC: Como cres que vai ser a campaña de 2021?

Bueno, agora temos que comezar a compararnos co 2013, cando empezamos a saír da anterior crise. Porque mirarnos no 2019, que foi tremendo, é inúltil. Pero a verdade é que ata maio ou xuño non vai coller color. A pesar de que 31 abre a Porta Santa, o ano Xacobeo… os operadores están reservando para maio-xuño.

 
  • QPC: E para rematar o ano cun bo sabor de boca. Con que cousas positivas te quedas?

Nese sentido, pode que nos vindeiros 10 anos teñamos 3 Xacobeos… Iso xunto co AVE inaugurado, nun ano cambia o mapa, e facilita que a xente veña ata aquí.

O Efecto Parador tamén sumará.

Outra boa é que aumentou a capacidade de aforro nos funcionarios, xubilados… porque non puideron gastar. Así que entendemos que en canto se abra a xente vai gastar, vai viaxar. O problema é a ver quen chega a esa meta e de que maneira.

E outra cousa que vexo é que a atención ao cliente aquí é moi boa, cada día mellor, e cos prezos que temos, somos moi competitivos.

 

Novas relacionadas

Novas de Terra Atlántica

Comentarios