Venres. 29.03.2024
El tiempo

Jorge Mira, Premio de Divulgación Científica da RAGC tras máis de 20 anos espallando a ciencia

Jorge Mira na Real Academia Galega das Ciencias
Jorge Mira, terceiro pola dereita, recibindo o premio na Real Academia Galega das Ciencias
Jorge Mira, Premio de Divulgación Científica da RAGC tras máis de 20 anos espallando a ciencia

Segue a convertirse en parte da historia da ciencia no nosos país. O baiés Jorge Mira, catedrático de Electromagnetismo na Facultade de Física, vén de recibir o primeiro Premio de Divulgación Científica da Real Academia Galega de Ciencias (RAGC). Un premio a máis de 20 anos no eido da divulgación de todos os campos de coñecemento, “cun esforzo continuado por achegarlle a ciencia á sociedade a través de múltiples canles”, como libros, centos de artigos en prensa, ou aparicións en programas de radio (máis de 1.000) e televisión (arredor dos 2.500), e organización de actividades

“Para min é todo unha honra ser recoñecido por unha institución do peso da RAGC e ademais na primeira edición do premio”, manifestou Jorge Mira este luns. Mira recoñeceu todo o que avanzou o mundo da ciencia galega nestes 20 anos.

Novas relacionadas

Comentarios