Venres. 19.04.2024
El tiempo

Jorge Quintáns e Lorena Costa debutan na categoría xuvenil en Copa de España subindo ó podium.

Jorge Quintáns e Lorena Costa debutan na categoría xuvenil en Copa de España subindo ó podium.
Lorena Costa en Orthez A vila francesa de Orthez no sur de Francia acollía a primeira competición da Copa de España de Slalom. Ata alí se desprazaba unha expedición do CDM Piragüismo Dumbría, que non podía seguir con mellor tino este comezo de tempada. Así o corroboran os dous podios das súas principais bazas. Na xornada do sabado Marcos Sánchez e Iago Canosa en K1, e Jorge Quintáns en C1 foron quen de colarse directamente nas semifinais, tendo que pasar todos os demaais deportistas da expedición costeira pola manga de repesca. Aí Lorena Costa e Jorge Quintáns en K1 lograron o pase, quedando polo camíño Marco Oreiro no C1 Senior, e os kaiakistas Brais Pérez e Francisco Romar. Xa o domingo, nas rondas semifinais, Iago Canosa quedou fóra da final de K1 senior despois de facer unha baixada con demasiadas penalizacións, e Jorge Quintáns tamén se caía da final xuvenil en C1 despois dunha manga na que non se sentíu a gusto. Así pois, os de Dumbría foron quen de plantar tres atletas nas finais, e ademáis con claras opcións de loitar polos postos de podium. Lorena Costa finalmente foi terceira no seu debut coma xuvenil, só por detrás da súa compañeira no CGT de Pontevedra Ainhoa Lameiro, e da estadounidense Seu Jacobi, filla do campeón olímpico nos Xogos Olímpicos de Barcelona Joe Jacobi. Jorge Quintáns tamén foi podio Pola súa banda Jorge Quintáns logrou a plata moi cerquiña do internacional Miquel Travé, e abrindo muito oco co terceiro clasificado Oscar Serra, ámbolos dous do Cadí de La Seu d ́Urgell Finalmente Marcos Sánchez acadou un brillante cuarto posto, rozando as medallas despois dunha excelente competición na que consegui avanzar brillantemente tódolas fases ata alcanzar a final. Brais Pérez

Vindeira proba

A vindeira cita do calendario da Copa de España será na proba galega do circuito, que terá lugar en augas do río Tea ó seu paso por Mondariz.

Novas da tempada

Novas da tempada pasada

Artigos relacionados

Fonte

  • Piragüismo Dumbría.

Comentarios