Venres. 19.04.2024
El tiempo

José Manuel Bermúdez Siaba amplía a súa obra sobre a historia de Muros

Libro de Jose Manuel Bermudez sobre Muros
José Manuel Bermúdez Siaba amplía a súa obra sobre a historia de Muros

Continúa publicando e publicando libros José Manuel Bermúdez Siaba. O escritor muradán vén de sacar o seu novo traballo, “Muros, historia viva”. Trátase dunha segunda edición ampliada e mellorada da súa obra “Muros, un mar de historia”, presentado en 2014. Neste novo traballo o autor faise eco do acontecer do seu concello ao longo dos séculos, aportando nova información, algunha inédita, e centrándose tamén no presente. Aporta tamén datos actuais sobre a cultura, a natureza e o patrimonio arquitectónico é histórico de Muros.

”É un compendio de acontecementos que forxaron a historia deste concello, desde a prehistoria ate a máis recente actualidade. Nel pódese atopar información a cerca das vicisitudes polas que pasou a vila, persoeiros destacados do concello, datos interesantes e inéditos e información actual, a modo de guía, sobre a cultura, natureza e patrimonio da vila de Muros e as súas parroquias”, cóntanos o propio autor, que leva máis dun ano traballando nel, e contaba telo sacado xa en maio.

A obra está dispoñible nas librerías a partir desta semana.

Libro de Jose Manuel Bermudez sobre Muros 2

Novas relacionadas

Comentarios