Venres. 29.03.2024
El tiempo

Juan Carlos García foi presentado como candidato do PP de Coristanco

Juan Carlos García foi presentado como candidato do PP de Coristanco
Juan Carlos García Pose con Diego Calvo presentado polo PP de Coristanco Juan Carlos García Pose con Diego Calvo presentado polo PP de Coristanco Este coristanqués de 47 anos, actual presidente da Asociación Rural Galega, vén de ser presentado polo PP provincial como candidato á alcaldía de Coristanco de cara ás eleccións 2019. Este mércores 3 de outubro era presentado nun acto ao que acodían o presidente da provincial Diego Calvo e oo vicesecretario de Organización e Territorio e director de campaña, Evaristo Ben. Juan Carlos García xustificou a súa decisión de meterse de cheo na vida política municipal nas “gañas que teño de devolver a Coristanco todo o que me deu”, e espera que "o Partido Popular volva ser o referente da política municipal". García sinalou que espera que o pleno de Coristanco "bandone as disputas personalistas que non conducen a nada". Diego Calvo espera con el que Coristanco recupere o “rumbo e a estabilidade”. “Que non vos enganen con outros experimentos. Que non vos vendan receitas milagrosas baseadas na márketing e na política de xestos. Aquí, en Coristanco e no resto de municipios, o único que serve é falar cos veciños e propor ideas para solucionar os seus problemas”, indicou Calvo.  

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-pp-de-coristanco-presenta-a-juan-carlos-garcia-pose-como-candidato/

Comentarios