Imprimir

Juan Louro gaña, "de volta", o certame de fotografía de Corcubión

que pasa na costa | 07 de outubro de 2011

Xa temos fotos gañadoras do IV Certame de Fotografía de Corcubión. Un certame que se o ano pasado o Xacobeo era o protagonista, desta volta foi o mar o centro dos obxectivos.

Un clásico dos concursos leva o premio, como é o veciño do Ézaro Juan Louro Cambeiro. "De volta" é o nome da imaxe vencedora, con esta visión das ruelas interiores de Corcubión, que tamén teñen un claro sabor a mar.
Louro xa recollera o pasado ano o Certame de Fotografía Esencias de Fisterra.

O segundo premio, con 150€ (a metade que o gañador) recae en Luís Antonio Gómez Sáez, coa foto "Con vistas ao mar". E o terceiro é para Juan Carlos Traba Nemiña, que xa leva anos participando, con "Corcubión ao descuberto".

Este sábado, ás 12:00h os tres recollerán os seus premios no salón de plenos do Concello de Corcubión .
Ademais, de seguido farase entrega na casa da cultura dos Premios de Tradución Plácido Castro.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Corcubión, da man do Concelleiro José Antonio Louro Pais.
Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/corcubion/juan-louro-gana-de-volta-o-certame-de-fotografia-de-corcubion/20111007080514068910.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia