Venres. 19.04.2024
El tiempo

Un kit esencial de prevención para fomentar o comercio local

Kit de prevencion e fomento do comercio local
Un kit esencial de prevención para fomentar o comercio local

Despois dun mes e medio pechados estamos ante unha situación límite, que pode provocar o peche de moitos negocios de proximidade. Pero comeza a chamada “desescalada” e pouco a pouco comercios e hostalería comezarán a reabrir as súas portas. As ventas tardarán en ser como antes do estado de alarma, polo que conseguir manterse vivos e afrontar os gastos vai ser toda unha odisea.

A firma ceense Cidiber quere poñer o seu grao de area. Ao ser unha unha empresa de accesibilidade e fornezo de material médico-ortopedico, teñen acceso a comprar produtos esenciais na actualidade, para a prevención do coronavirus que, por desgraza os cidadáns imos ter que usar durante un tempo.

A súa idea é fomentar o comercio local, e para iso ofrecen aos comercios un kit esencial de prevención para que a veciñanza poida facerse con eles con facilidade, e gastar máis nos comercios da zona.

O kit estaría formado por:

  • 1 mascarilla 100% poliéster de fabricación española testada en laboratorio con 93% de filtración bacteriana, que é lavable e reutilizable.
  • 1 máscara protectora de plástico cumprindo as normas de CE.
  • 1 xel hidrológico 125ml.
  • 10 luvas de vinilo/nitrilo (segundo disponibilidade).
  • 5 toallitas de limpeza de superficies e móbil..

Por cada 10 packs vendidos doarán 1 a Cruz Vermella.

Animan así a todos os comercios da comarca a facer os seus pedidos ([email protected] ou 622.555.025), e fomentar a prevención e a reactivación da nosa economía ao mesmo tempo.

QPC quere colaborar coa iniciativa dándolle a máxima difusión.

Comentarios