Venres. 29.03.2024
El tiempo

La Vuelta volveu subir o Formigón do Ézaro e deixar a súa pegada na Costa da Morte

La Vuelta volveu subir o Formigón do Ézaro e deixar a súa pegada na Costa da Morte
Asi estaba o Formigon do Ezaro a chegada do peloton de La Vuelta 2016 Así estaba o Formigón do Ézaro a chegada do pelotón de La Vuelta 2016

Vaia luxo recibir ao pelotón de La Vuelta a España na Costa da Morte. Vaia tesouros para a promoción turística esas imaxes que deixa a retransmisión televisiva a máis de 190 países de todo o mundo. Chegou a serpe multicolor na 3ª etapa de #LV2016 ao alto do Ézaro. E alí estaban esperando apostados nas marxes da estrada de subida ao monte dende primeiras horas da mañá, milleiros de persoas que, respondendo ás espectativas creadas, déronlle unha multitudinaria aos mellores ciclistas do mundo.

Hai catro anos, unha etapa de La Vuelta xa rematou na epectacular ascensión ao Mirador do Ézaro, “uno de los sitios más bellos por los que ha pasado la ronda española en los últimos años”, segundo afirma a propia organización do evento na súa páxina web. Nesta 71º edición, o Ézaro volveu ser protagonista.

No seu percorrido coruñés, o itinerario pasou por Boiro, Noia, Serra de Outes, O Freixo, Mazaricos, Serres, Caldebarcos, Quilmas e O Pindo, entre outras localidades, deixando ao seu paso dous portos de terceira e segunda categoría, o alto de Lestaio (450 m.) e o das Paxareiras (515 metros), e impactantes imaxes nas que as comarcas de Barbanza e a Costa da Morte foron protagonistas.

Finalmente foi o francés Alex Geniez o gañador de etapa, pero unha das mellores promesas do noso ciclismo, Rubén Fernández, foi o protafgonista convertíndose en líder tras facer unha lixeirísma subida ao mirador. Froome tamén deixou constancia da súa calidade e tras perder varios segundos no comezo da durísima subida (con rampas como a do Formigón que rondan o 30%), conseguíu chegar co grupo de favoritos, algo que non conseguiu Alberto Contador, a meirande aposta do ciclismo español polo podio, que rematou con 28 segundos perdidos.

Alex Geniez ganou a etapa do Ezaro-Foto-Dario Gomez Alex Geniez gañou a etapa do Ezaro-Foto-Dario Gomez Asi deixou o Formigon aos ciclistas-Foto-Dario Gomez Asi deixou o Formigon do Ézaro aos ciclistas-Foto-Dario Gomez O gañador da etapa do Ézaro, Alex Geniez, recibindo o trofeo da man de José Manuel Pequeño, con Gonzalez Formoso e Carlos Oliete O gañador da etapa do Ézaro, Alex Geniez, recibindo o trofeo da man de José Manuel Pequeño, con Gonzalez Formoso e Carlos Oliete Ruben Fernandez novo maillot Rojo de la Vuelta 2016-Foto-Dario Gomez Ruben Fernandez novo maillot Rojo de la Vuelta 2016-Foto-Dario Gomez Azafatas de La Vuelta en El Ezaro-Foto-Dario Gomez Azafatas de La Vuelta en El Ezaro-Foto-Dario Gomez  

Resumen da etapa


Onboard camera / Cámara a bordo - Étape 3 - La... por la_vuelta
Resumen - Etapa 3 (Marín / Dumbría... por la_vuelta

Impacto social e económico

Espectaculares as imaxes da zona na Vuelta Espectaculares as imaxes da zona na Vuelta

As autoridades destacaron o “importante impacto social e económico” que a ronda española ten nas diferentes comarcas polas que discorre, xa que se trata dun evento seguido por televisión en 190 países e que ten un importante retorno económico para os municipios polos que pasa. Se ben os equipos non pernoctaron na zona (a seguinte etapa sae de Betanzos e os equipos aloxáronse esta noite nas proximidades da Coruña) a promoción da zona si que supón un gran impacto no sector turístico, como comprobou o Concello de Dumbría valorando nun 155% o aumento do turismo no Ézaro dende a chegada do pelotón en 2012.

O presidente provincial afirmou que a Deputación aposta pola Vuelta como “un gran escaparate para mostrar ao mundo os múltiples atractivos da provincia da Coruña, tanto do interior como da costa, e para dar a coñecer o enorme potencial produtos dos nosos produtos gastronómicos máis alá das nosas fronteiras”, sinalou lembrando a campaña “A Coruña por sabor”, que tamén estivo en Dumbría, onde se puideron degustar, entre outros, as conservas 1884 de Camariñas, ou as carnes e embutidos dumbrieses de Raposo.

 

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios