Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A Laracha abre o proceso de selección de 7 empregos para a cuadrilla municipal

PEL EMPREGO DEputacion
A Laracha abre o proceso de selección de 7 empregos para a cuadrilla municipal

En marcha o proceso de selección de 7 persoas que formarán a cuadrilla municipal de obras e servizos e que o Concello da Laracha contratará no marco do Plan de Emprego Local (PEL 2020) co apoio da Deputación da
Coruña.

Poden participar persoas que se atopen en situación de desemprego, inscritas no Servizo Público de Emprego e que estean incluídas nalgunha situación de exclusión laboral. O prazo de inscrición é de 5 días hábiles a contar desde este xoves 4 de xuño.

Farán funcións como instalación de sinalización viaria, reparación de beirarrúas e sumidoiros, acondicionamento do terreo para a ubicación de colectores, mantemento de espazos públicos, conservación medioambiental, limpeza viaria e apoio loxístico aos servizos municipais.
A contratación será a tempo parcial por trinta horas semanais ata o 31 de decembro. A selección farase na modalidade de concurso oposición, valorándose os méritos dos aspirantes e a proba práctica sobre o manexo de ferramentas, ademais do exame sobre o coñecemento da lingua galega para aqueles aspirantes que non estean en posesión do Celga 1.

Comentarios