Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A Laracha fachendea de Obradoiro de Emprego

Laracha. A Coruña
O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado do alcalde, José Manuel López, visitará o obradoiro de emprego A Laracha 
05/10/2020
Foto: Moncho Fuentes / AGN A Coruña
O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado do alcalde, José Manuel López, visitando o obradoiro de emprego na Casa da Cultura de Paiosaco. Foto: Moncho Fuentes / AGN A Coruña
A Laracha fachendea de Obradoiro de Emprego

Será Gonzalo Trenor, e non Ovidio Rodeiro, como novo Delegado do Goberna Coruña, o que percorra a bisbarra para botar a foto nas iniciativas que a Xunta financie nos concellos da comarca. Este realizaba unha das súas primeiras visitas á comarca, acompañado do alcalde de A Laracha, José Manuel López, para comprobar o bo facer do Obradoiro de Emprego dual.

Xa temos visto traballar arreo a estes alumn@s-traballador@s da especialidade de Pintura pintando a o Centro Sociocultural de Paiosaco ou realizando intervencións na Casa da Cultura e edificio administrativo e Casa do Concello; así como aos outra especialidade, a de carpintería de madeira, centra renovando da pasarela do paseo fluvial do Anllóns e O Formigueiro.

Son un total de 20 alumn@s-traballador@s, nos que a Xunta inviste máis de 336.000 euros e o orzamento total coa achega do Concello e as obras ascenderá finalmente a máis de 863.000 euros. O Obradoiro rematará a final de ano.

PIE

O concello de A Laracha conta tamén cun Plan Integrado de Emprego que está previsto que remate a principios de xaneiro, no que se está formando arredor de 100 persoas. O PIE é unha iniciativa na que colaboran os concellos, e a Xunta para mellorar a formación das persoas desempregadas e para darlle máis opcións para atopar un emprego a través de actuacións que buscan a especialización grazas á posibilidade de combinar orientación e asesoramento con formación e prácticas.

Comentarios