Martes. 16.04.2024
El tiempo

Laracha implicouse nos certames da Violencia de Xénero

Laracha implicouse nos certames da Violencia de Xénero

Entregou o Concello da Laracha os premios ás obras gañadoras dos concursos Eu Implicome contra a violencia de xenero. O alcalde, José Manuel López Varela, a concelleira de Igualdade, Rocío López, e a directora do Centro de Información ás Mulleres da Laracha, Ana Aldao, fixeron entrega dos vales de compra e os premios.

Por unha parte estivo o Proxecto Xanelas, a través do que máis de cen establecementos comerciais e vivendas particulares luciron un cartel en formato globo de cómic con frases contra a violencia de xénero. Entre todos os participantes sorteáronse tres vales de cen euros para gastar nos comercios locais adherido ao programa. Deuse a casualidade de que os tres vales foron para establecementos comerciais: Tulipano Moda, Peluquería Monse Añón e Pescadería María.

No concurso de Selfies realizado na conta de Instagram @Xuventudealaracha e no que se convidou a calquera persoa a participar sacándose unha foto xunto a algún dos carteis en formato globo de cómic, Uxía Iglesias foi a que obtivo máis gústames (758) e gañou unha tableta. A foto enviada por Estrella Gestal e Nerea Queijo foi a segunda máis votada (753) e premiada cun reloxo smartwatch. A imaxe de Maribel Trigo (541) obtivo o terceiro galardón, consistente nun altofalante portátil.

Concurso de Selfies da Laracha polo 25N

Comentarios