Venres. 29.03.2024
El tiempo

Laracha pide á Xunta unha normativa específica para a volta ao cole

Laracha pide á Xunta unha normativa específica para a volta ao cole

O pleno ordinario celebrado o pasado venres na Casa da Cultura da Laracha comezou gardando un minuto de silencio polas 22 mulleres vítimas da violencia de xénero no que vai de ano en España e cunha mensaxe de ánimo e apoio do alcalde, José Manuel López Varela, ás familias que sofren as consecuencias da Covid-19.

Na sesión foron aprobadas tres mocións. Dúas delas, de contido similar, tiñan por acordo manifestar o rexeitamento da Corporación municipal a calquera medida tendente a que o Goberno central poida incautar os remanentes xerados polos concellos, sexa de forma directa ou como vía de subscrición de préstamos das entidades locais ao Estado para devolver a longo prazo. Neste sentido, o rexedor municipal apuntou que os remanentes xerados polo Concello da Laracha son fondos que pertencen aos veciños e, por tanto, ningunha outra administración debe poder facer uso deles.

A outra moción que saíu adiante estaba relacionada co inicio do curso escolar 2020-21. Acordouse instar á Xunta de Galicia a garantir a total seguridade sanitaria nos centros de ensino a través do cumprimento dunha normativa específica e acorde á realidade galega e a poñer en marcha todas as medidas precisas para garantir a maior normalidade nas aulas.

Comentarios