Martes. 16.04.2024
El tiempo

Laracha une as praias en bus e ofrece información turística tamén en Caión

A oficina de turismo da Laracha esta na Casa Reitoral de Caion
A oficina de turismo de Caión está na Casa Reitoral
Laracha une as praias en bus e ofrece información turística tamén en Caión

As praias de Caión e Baldaio son accesibles para toda a veciñanza da Laracha e Paiosaco, gracias á nova liña de autobuses aberta este verán. Do mesmo xeito que se fixo durante o mes de xullo, tamén en agosto un autobús da empresa Arriva realizará de luns a venres o percorrido de ida A Laracha (15:00 h) - Paiosaco (15:10 h) – Baldaio (15:30 h) – Caión (15:50 h).

O regreso, que só se realiza baixo demanda, sexa comunicándoo na viaxe de ida ou ben vía telefónica (981 31 12 13), sae de Caión ás 19:30 h e pasa por Baldaio (19:50 h), Paiosaco (20:10 h) e A Laracha (20:20 h).

Bus da Laracha as praias

Oficina de Turismo en Caión

Ademais, para completar a oferta, dende este mesmo mércores o Concello da Laracha volverá prestar servizo de información turística na oficina situada na antiga casa reitoral de Caión. Persoal técnico especializado na materia estará a disposición dos usuarios para informar sobre os principais atractivos turísticos do noso municipio e tamén doutros puntos da Costa da Morte e de Galicia. O horario de apertura ao público será de martes a sábado de 10:00 a 14:00 horas pola mañá e de 15:00 a 19:00 horas pola tarde.

A oficina de información turística funcionará en Caión durante os meses de agosto e setembro. Despois da temporada de verán reubicarase na capital municipal.

Presentación dun libro

O Instituto de Estudios Bergantiñáns presentará este venres na Laracha o libro “O río Anllóns. Arteria principal de Bergantiños”. A obra será presentada este venres nun acto aberto a todos os públicos que organiza o Concello e que se vai desenvolver a partir das 20:00 horas nun lugar tan simbólico como a área recreativa de Gabenlle, xunto ao río Anllóns e a carón dun dos extremos do paseo fluvial que comunica este lugar co Formigueiro, bordeando o río ao longo dunha distancia duns dous quilómetros e medio.

Comentarios