Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A Laracha, dos primeiros Concellos de Galicia en ter orzamentos para 2021

A Laracha, dos primeiros Concellos de Galicia en ter orzamentos para 2021

Cos votos a favor do PP e os votos en contra de PSOE e BNG, o grupo de goberno sacou adiante os Orzamentos para 2021, no pleno celebrado onte. Un orzamento de 8,3 millóns, "centrados nas persoas", segundo o acalde José Manuel López Varela, que quixo agradecer o labor “dos servizos económicos municipais, especialmente do departamento de intervención, que posibilitou traer os orzamentos ao Pleno antes de final de ano e que A Laracha
sexa un dos primeiros Concellos da provincia en aprobalos”.

En todo caso lembrou que hai moita prudencia cos ingresos (o ano pasado o orzamento aumentou de 8 a 16 millóns), que “a política tributaria seguirá sendo a de conxelación das taxas e o mantemento dos impostos municipais nos tipos mínimos que permite a lexislación” co obxecto de non aumentar a presión fiscal á veciñanza.

Destacaron que a "cuarta parte, máis de dous millóns de euros, están consignados para políticas sociais e a promoción do emprego. Hai unha partida de 405.000€ destinada ao apoio económico directo ao tecido empresarial.

O capítulo de investimentos reais en infraestruturas alcanza os 863.000 euros, sendo as actuacións máis importantes a creación dunha pista de skate na parte posterior do IES Agra de Leborís. Tamén está contemplada a apertura do expediente de expropiación dos terreos que albergan a carballeira de San Fins (Montemaior) e que nos próximos días está previsto aprobar o relativo ás parcelas nas que se sitúa o menhir de Erboedo. Tamén apuntou que nos orzamentos está consignada unha partida económica para servizos arqueolóxicos sobre a posta en valor do Castro de Montes Claros.
 

Comentarios