Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Laxe asumirá a titularidade da estrada AC-429 para solucionar o problema das terrazas

Laxe asumirá a titularidade da estrada AC-429 para solucionar o problema das terrazas
As Terrazas de Laxe serán coordinadas polo Concello As Terrazas de Laxe serán coordinadas polo Concello

Soado foi o problema cas terrazas de Laxe o pasado outono. Os hostaleiros mesmo convocaban unha concentración en proposta polas críticas recibidas pola Xunta, que consideraba unha irregularidade colocar as terrazas en zonas de aparcadoiro da vía autonómica. Finalmente os hostaleiros desconvocaban a manifestación despois de que a Xunta asegurase ía solucionar o problema:

E a solución pasa porque o Concello de Laxe asuma a titularidade e a xestión da AC-429 ao paso polo seu termo municipal. Iso si, despois que rematen as obras de conservación que está realizando a Xunta de Galicia. A Consellería de Infraestruturas actuará esta semana na travesía, na que se realizará o pintado de 8 pasos de peóns ou se mellorará a accesibilidade con rebaixes nas beirarrúas.

Tras a formalización da transferencia desta travesía, que se está tramitando, o Concello de Laxe será a administración responsable da vía e, polo tanto, da regulación da instalación de terrazas

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios