Venres. 19.04.2024
El tiempo

Laxe estreou unha potente exposición sobre a vida e obra de Vidal

Xose Manuel Pose Lema e Xose Regueira na exposicion do Arquivo Fotografico Vidal
Xose Manuel Pose Lema e Xose Regueira na exposicion do Arquivo Fotografico Vidal
Laxe estreou unha potente exposición sobre a vida e obra de Vidal

O Museo do Mar de Laxe estase enchendo de vida, gracias ás imaxes de José Vidal. O Concello de Laxe, coa axuda da Deputación está desenvolvendo un intresantísimo proxecto de recuperación do Arquivo fotográfico da familia, e así o ratifica a inauguración esta pasada fin de semana dunha nova parte da exposición, no marco do Primavera Científica e Cultural do programa Reläxese.

“José Vidal, unha vida decicada á fotografía” está formada por 75 imaxes do autor en branco e negro, a gran escala e enmarcadas, que serven para poñer en valor o traballo fotográfico deste autor, sempre moi vencellado a Laxe.

O concelleiro de turismo, Xosé Manuel Pose, acompañado polo Deputado Provincial de Turismo Xosé Regueira, explicaron os pormenores desta exposición que será visitable no Museo do Mar toda a Semana Santa de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas. De feito, a exposición estará en Laxe ata finais do verán, para logo, convertirse en itinerante dentro da REMA, a Rede de Museos Atlánticos, para seguir espallando a memoria histórica de Bergantiños e Soneira.

A cita serviu tamén para ver as lonas que xa loce o Museo coa próxima identidade do Arquivo Fográfico Vidal como Ben de Interese Cultural de Galicia, catalogación que xa está en marcha.

O acto de inauguración serviu tamén ademais para organziar un curioso taller práctico de cámara minuteira, unha experiencia cultural e sensorial única porque permite retroceder no tempo e vivir o proceso fotográfico tal e como se facía a principios do século XX.

O proxecto continúa e o venres 10 de maio ás 20.00 horas no Museo do Mar, haberá unha nova presentación pública do Arquivo Fotográfico José María Vidal Eiroa

Novas relacionadas

Máis novas

Comentarios