Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Laxe expande os seus Peixes con X con citas de alta cociña

Laxe expande os seus Peixes con X con citas de alta cociña

A proposta ”Con X de Laxe, con X de Peixe”, será a protagonista das vindeiras actividades do programa de desestacionalización Reláxese. Ademais da súa presencia na feira de ocio MIMOC, a Concellería de Comercio, Hostalería e Turismo prepara xa unhas sesións no marco do Inverno Gastronómico e Enolóxico, centradas nos peixes da zona.

Serán dúas actividades de balde para o público, que están orientadas tanto ó sector hostaleiro, coma a tódalas persoas interesadas na gastronomía.

O Museo do Mar de Laxe acollerá este venres 15 de febreiro a partir das 19:00h, un Taller de cociña co prestixioso cociñeiro do Alborada e do Grupo Nove, Iván Domínguez, que ademais ten unha vinculación especial con Laxe. Unha cita para promover a innovación na cociña e ofrecer novas experiencias culinarias en torno ós Peixes con X. As demostracións serán nesta ocasión sobre a Xarda.

O sábado 16 ás 12.00 horas, a xarda dará paso ó Mexillón de Galicia. Gabriela André Riva, responsable de promoción e márketing do Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Mexillón de Galicia, ofrecerá unha charla degustación sobre este marisco.

Despois de recibir os coñecementos teóricos, Mª Belén Trigo Osinde, de O Ben Me Sabe, elaborará varias receitas. Finalmente o público poderá degustar dúas das propostas: paté de Mexillón de Galicia, e mexillón de Galicia con cremoso de pataca. Tamén se distribuirán receitarios.

Peixes con X de Laxe

Novas relacionadas

Comentarios